Erundino Vieito Baña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaErundino Vieito Baña
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Lañas, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de marzo de 1949 Editar o valor em Wikidata
Val do Dubra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

Erundino Vieito Baña, nado en Lañas (A Baña) e finado en Val do Dubra o 5 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dirixente do Partido Galeguista na Baña. Foi mobilizado en 1936 e destinado á fronte de Asturias no Batallón nº 8 de Zapadores da Coruña. Desertou para pasarse ao exército republicano. Formou parte do Batallón Galicia nº 219 onde estivo destinado nunha batería en Colloto. Feito prisioneiro o 10 de novembro de 1937, foi internado nun campo de concentración. Fuxiu do campo o 4 de febreiro de 1938 e regresou á súa parroquia. Estivo agochado durante once anos, actuando como enlace da guerrilla. Quedou citado o 5 de marzo de 1949 cos compoñentes do destacamento Manolo Bello, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, en Zas (Negreira), para cambiar de lugar. Descubertos pola Garda Civil, fuxiron e foron abatidos en Paramos (Val do Dubra).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]