Bento Gonçalves
|
|
|||
| Estado | Rio Grande do Sul | ||
| Superficie | 277,4 km² | ||
| Poboación Densidade |
100 643 (2007) 376,5 hab/km² |
||
| Latitude | 29° 10' 15" S | ||
| Lonxitude | 51° 31' 08" O | ||
| Altitude | 691 m | ||
| Distancia de Porto Alegre | 109 Km | ||
| Código postal (CEP) | 95700-000 | ||
| Administración local | Prefeitura Municipal de Bento Gonçalves - Rua Marechal Deodoro da Fonseca, 70, Centro | ||
| Internet | http://www.bentogoncalves.rs.gov.br | ||
| Alcalde (Prefeito) | Alcindo Gabrielli | ||
| Mapa da cidade en Rio Grande do Sul | |||
|---|---|---|---|
Bento Gonçalves é un municipio brasileiro do estado de Río Grande do Sur. Atópase no medio da Serra Gaúcha, a 125 km de Porto Alegre, capital do estado. Localízase a unha latitude de 29º10'17" Sur e unha lonxitude de 51º31'09" Oeste, estando a unha altitude de 691 metros. A súa poboación en 2007 era de 100.643 habitantes.
A cidade é recoñecida como a "Capital Brasileira do Viño" e o segundo maior polo de fabricación de mobles do país. Está en 1° lugar no Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) no Río Grande do Sur, e no 6° lugar no Brasil, de acordo coa Organización das Nacións Unidas.
Foi fundada por inmigrantes italianos en 1875, e foi transformada en cidade en 1890. O seu gran desenvolvemento turístico ocorreu despois de 1967, cando foi organizada a I FENAVINHO ("Festa Nacional do Viño"), mostrando a produción local de viño e uva para todo o país.