Ernest Labrousse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Camille-Ernest Labrousse, nado en 1895 e finado en 1988, foi un historiador especializado en historia económica e social.

Labrousse estableceu un modelo histórico centrado en tres planos: económico, social e cultural. Foi o iniciador da historia cuantitativa que posteriormente se deu en chamar cliometría, mediante a aplicación de métodos estatísticos. Tivo unha gran influencia nunha xeración enteira de historiadores. Fernand Braudel dixo que se non fose por Labrousse "os historiadores nunca traballarían do modo que o fixeron no estudo de prezos e salarios".[1]

Labrousse non foi estritamente membro da Escola de Annales, que para el estaba demasiado influenciada por preconceptos marxistas, pero colaborou no seu esforzo por crear unha nova historia humana. En 1948 dirixiu unha famosa conferencia sobre o tema Como nacen as revolucións, especialmente as francesas de 1789, 1830 e 1848, aplicándoas a súa metodoloxía en tres planos: político, social e económico.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Histoire économique et sociale de France, Paris, Puf, 1979
  • Esquisse du mouvement des prix et des revenus au XVIIIe siècle (1933),
  • Crise de l’économie française à a veille de la Révolution (1944), que lle fixo gañar a súa cátedra na Sorbona.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernand Braudel, The Wheels of Coomerce 1982, vol. II en Civilization and Capitalism p 343

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]