Ensalada (música)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

«Ensalada» é un xénero musical polifónico. É dicir, mestúranse, nunha mesma peza diferentes «ingredientes»: estilos musicais, idiomas, texturas e outros elementos da música.

Aparecen estilos como o madrigal, a canción popular, a panxoliña, o romance, a danza, os xéneros litúrxicos e outros. Os idiomas máis frecuentes son o español, o catalán, o gascón, o biscaíño, o portugués, o italiano e o latín. Ademais, aparecen outros ingredientes como a homofonía, o contrapunto, o número de voces, temas relixiosos ou profanos, elementos cómicos, épicos, serios ou irónicos. Tamén adoitan incluír xeralmente onomatopeas.

Foi moi popular na Península Ibérica durante o Renacemento, especialmente no século XVI. A ensalada foi concibida para diversión dos cortesáns e alcanzou gran fama nas festas palacianas.

Precedentes[editar | editar a fonte]

Pódese observar como ó longo do tempo, unha corrente evoluciona e desemboca no xénero da ensalada.

Sitúase nas primeiras décadas do século XVI o Cancionero Musical de Palacio, no seu índice ou Tabula aparecía unha suposta ensalada, Tú que vienes de camino de Francisco de Peñalosa (CMP 447), o autor da Tabula chámaa así por posuír a mestura de diversas linguas, só queda a voz do Tiple e un fragmento da do tenor. Tamén se relaciona con este xénero Por las sierras de Madrid, a seis voces e posiblemente con tiple instrumental. Esta composición poderíase chamar antes que ensalada, quodlibet, o núcleo está formado por dous contratenores e dous tenores. No Cancionero de la Colombina, atopamos outra composición parecida, Querer vieja yo de Juan de Triana (CMC 86), a tres voces.

No Cancionero Musical de Palacio hai outra moito máis próxima á ensalada Una montaña pasando de Garcimuñós (CMP 154), a catro voces, esta é a máis longa de todas as do Cancionero, lembra aos compositores posteriores. Termina cunha cita en latín e estrutúrase en seccións diferenciadas por cambios de metro binario a ternario, e viceversa, como as ensaladas do documento de 1581. A diferenza existente coas de Mateo Flecha e outros da súa época é o argumento pastoril e a utilización dunha soa lingua sen ter en conta o latín. Tamén hai exemplos noutros ámbitos, no teatral hai obras dramáticas de Gil Vicente similares ao último exemplo. Outro exemplo é a traxicomedia de Dom Duardos.

A orixe das ensaladas e Mateo Flecha o Vello[editar | editar a fonte]

En 1581 Jorge Negrino publicou en Praga Las Ensaladas de Mateo Flecha o Mozo, que se compuña de oito ensaladas do seu tío Mateo Flecha o Vello, dúas súas, unha delas era unha adaptación, dúas de Vila, unha de Bartomeu Càrceres e outra de Chacón.

Flecha o Mozo di na dedicatoria do documento de Las Ensaladas que o seu tío foi o inventor deste xénero. Pero dado que había precedentes entre os compositores do Cancionero Musical de Palacio a principios do século XVI ou mesmo antes, pódese dicir que Flecha o Vello foi quen perfeccionou o xénero a partir dos modelos existentes, entón o xénero fíxose popular, do mesmo xeito que o autor.

A evolución prodúcese ao mesmo tempo que a dunha corrente teatral con argumentos nos que se incluían pezas musicais tradicionais, do mesmo xeito que nas ensaladas, corrente que, tras un longo percorrido, senta as bases da zarzuela calderoniana.

Fontes[editar | editar a fonte]

En 1581 aparece, en casa de Jorge Negrino, en Praga, Las ensaladas de Flecha. Desta edición só queda un exemplar incompleto. Está formado por seis cadernos, as partes do tiple, alto e tenor consérvanse na Biblioteca do Orfeo Català (sign. 12 III C/12) e a do baixo na Biblioteca de Catalunya (sign. M 851), en Barcelona. Contén catorce ensaladas, entre as que se distinguen once a catro voces, dúas a cinco e unha a seis voces. Nos cadernos aparece, impresa ou copiada a partes separadas, a música do Renacemento. Tiple, baixo e tenor consérvanse en pergamiño. A Biblioteca de Calalunya posúe dúas coleccións de cadernos manuscritos de finais do século XVI, con ensaladas, a maioría das cales aparecen no documento de 1581. A primeira colección (M 588/1 = E-Bc 588/1) componse de catro cadernos de papel de doce folios cada un e corresponden ás voces de tiple, alto, tenor e baixo. A segunda colección (M 588/2 = E-Bc 588/2) presenta tres cadernos apaisados de papel correspondendo ás voces do tiple, alto e baixo. A copia de ambas debeu de realizala un único individuo.

Hai outras fontes semellantes, o antigo Ms 607 da Biblioteca da Fundación Bartolomeu March en Palma de Mallorca (E Pabm 6832), é un gran manuscrito de papel do século XVI que contén un elevado número de Misas de Cristóbal de Morales e outras obras súas e de autores españois e franco-flamengos da época. As ensaladas e os madrigais en español atópanse ao final do manuscrito, o resto é repertorio sacro e en latín.

No Manuscrito de Medinaceli aparecen catro ensaladas, os números do 72 ao 75, sen nome do autor, as tres primeiras son coñecidas, de Flecha: La Bomba, El Juvilate, La Justa e a cuarta, que é probable que tamén o sexa, El Toro.

A seguinte fonte é Le difficile des chansons. Second livre contenant.XXVI. Chansons nouvelles quatre parties en quatre livres de la composition de plusieurs Maistres (Lyon, 1544) [RISM B/1.1:15449], documento do cal só se conserva un exemplar do tiple e tenor na Staats- und Stadtbibliotek Augsburg e outro do alto na Bibliothèque Nationale de París, o cal está incompleto.

Outra fonte é un Cancionero manuscrito a finais do século XVI, posiblemente de orixe valenciana, do que só se conservan os cadernos de tiple e alto. Atópase na Biblioteca Nacional de Madrid (Ms 3876/34-35 = E-Bn 3876/34-35).

Por último, o Libro de Música para Vihuela, intitulado Orphenica lyra de Miguel de Fuenllana (Sevilla, 1554) [RISM B/1.1: 155432].

Compositores e obras[editar | editar a fonte]

Do século XVI consérvanse en total dezanove ensaladas vocais polifónicas, máis da metade destas pertence a Mateo Flecha o Vello, polo que pode considerarse como o gran referente do xénero. Se se compara o número de panxoliñas que se compuxeron co número de ensaladas, este pode parecer escaso, pero non se diferencia tanto do número de madrigais dos autores da Península Ibérica (Pere Albérch Vila, Joan Brudieu e algún dos autores do Cancionero de Medinaceli). A pesar de que a produción de ensaladas parece escasa, tivo que ser un xénero popular en España, segundo o inventario de fondos musicais da catedral de Tarazona de febreiro de 1591, un estudo detallado.

De Chacón pódese dicir que é o autor de máis produtividade do xénero das ensaladas despois de Flecha o vello. Outros autores son o mestre de capela de Alcalá de Henares Melchior de Torres, autor de Arte ingeniosa de Música (Alcalá, 1554). Baltasar Ruiz escribiu La Feria.

A continuación inclúese unha listaxe coas pezas que sobreviviron e que podemos clasificar dentro deste xénero musical. Os códigos da columna de "Fontes" musicais especifícanse máis abaixo. Os da columna de "Gravacións" especifícanse na sección de "Discografía".

Ensalada Voces Compositor Fontes Gravacións Comentarios
Una montaña pasando 4 Garcimuñóz (atribuída) CMP RES, BIN É posiblemente a ensalada máis antiga que sobreviviu. Está composta a 4 voces e incorpora a canción Ay triste de mi ventura, o refrán Madre mía, muriera yo e un fragmento do salmo Super flumina Babylonis.
Por las serras de Madrid 6 Francisco de Peñalosa CMP GIS, SAV, SEM, GOT, MIN Obra na que se cantan á vez catro refráns tradicionais de diferentes cancións e unha frase final en latín.
Tú que vienes de camino 2 Francisco de Peñalosa CMP YOR O seu texto contén frases en varias linguas.
El fuego 4 Mateo Flecha o vello ENS, CAI, CII HES, HUE, RUD, CRC, LON, ARM, HAR, ROS, SAC, NOT, CO2
El jubilate 4 Mateo Flecha o vello CMM, CII CAR, CRC, LON, ARM, HIL
La bomba 4 Mateo Flecha o vello ENS, CMM, CAI, CII HES, FAG*, KIN, JAN, CRC, LON, KIS, HAR, ORP, CO2
La caça 4 Mateo Flecha o vello CII
La guerra 4 Mateo Flecha o vello ENS, CAI, CII ARS, RIC**, CAR, PIF**, JAN, LAC, CON, REI*, CRC, LON, DUO, SAC
La justa 4 Mateo Flecha o vello ENS, CMM, DIF, CAI, CII RIC**, CAR, HES, KOL, HUE, COL, VOC, CRC, LON, ARM, ANG, SAC
La negrina 4 Mateo Flecha o vello ENS, CAI ARS*, CAR, HUE, COL, MAG, CAT*, CRC, LON, SAC
La viúda 4 Mateo Flecha o vello ENS HAR
Las cañas 5 Mateo Flecha o vello ENS
Los chistes 5 Mateo Flecha o vello ENS
El cantante o dança despadas 5 Mateo Flecha o vello Perdida
La trulla 4 Bartomeu Càrceres ENS CAP, NAT, CO2 Enlázanse varias cancións por medio de pasaxes polifónicos.
El bon jorn 4 Pere Alberch Vila ENS COL, CO2 Segue o modelo das ensaladas de Mateo Flecha o vello. Mestura castelán, catalán, occitano e remata en latín.
La lucha 4 Pere Alberch Vila ENS CO2
El molino F. Chacón ENS
La feria 4 Mateo Flecha o mozo ENS Baseada na balada "En la ciudad de Toledo".
Las cañas 4 Mateo Flecha o mozo ENS É unha revisión da ensalada do mesmo nome composta polo seu tío, Mateo Flecha o vello.
Salgan damas galanes Anónimo CMM
(*) só unha parte da ensalada
(**) versión instrumental

Fontes musicais:

  • CMP - Cancionero de Palacio
  • CMM - Cancionero de Medinaceli
  • ENS - Las ensaladas de Flecha. Mateo Flecha o mozo. Praga. 1581. Só consérvase a parte do baixo.
  • DIF - Le difficile de Chansons. Second Livre. Jacques Moderne. Lión. Contén a ensalada La justa, denominada aquí La Bataille en Spagnol.
  • CAI - Biblioteca de Catalunya. M 588 I.
  • CII - Biblioteca de Catalunya. M 588 II.

Aínda que non son propiamente ensaladas, podemos citar tamén as seguintes obras:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Historia de la música española. Tomo 2. Desde el ars nova hasta 1600. Samuel Rubio. Alianza Editorial. 1983.
  • Las ensaladas de Mateo Flecha. Higinio Anglés. Deputación Provincial de Barcelona. Biblioteca de Cataluña. Barcelona. 1954
  • Mateo Flecha «el Viejo», la corte literario-musical del duque de Calabria y el Cancionero llamado de Upsala. J. Romeu Figueras. Anuario Musical. Vol XIII. C.S.I.C. Barcelona. 1958
  • Las ensaladas de Mateo Flecha «el Viejo». M. Querol. Anuario Musical. Vol. XLIII. C.S.I.C. Barcelona. 1988
  • Transcripción e interpretación de la Polifonía Española de los siglos XV Y XVI. Miguel Querol Gavaldá. Musicología Española
  • Las Ensaladas (Praga, 1581) con un suplemento de obras del género. Tomos I-III. Maricarmen Gómez Muntané (ed.). Generalitat Valenciana, Valencia, 2008. ISBN 978-84-482-4890-1
  • Historia de la Música en España e Hispanoamérica 2. De los Reyes Católicos a Felipe II. Maricarmen Gómez (ed.). Fondo de Cultura Económica, Madrid-México D.F., 2012. ISBN 978-84-375-0677-7