Enki Bilal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enki Bilal

Enki Bilal (nado Enes Bilal o 7 de outubro de 1951) é un creador de banda deseñada e director de cine francés.

Biografía[editar | editar a fonte]

De pai bosníaco e nai eslovaca, Bilal naceu en Belgrado, Iugoslavia, mais xa de moi novo, con 9 anos, emigrou canda os seus pais ata París, Francia. Á idade de 14 puido coñecer a René Goscinny quen o animou a se adicar á banda deseñada.

En 1972 e logo dun fugaz paso pola facultade de Belas Artes publicou a súa primeira historia, Le Bol maudit, na revista de BD Pilote no marco dun concurso que esta organizaba. Froito deste traballo coa revista francesa vai entrar en contacto con moitos importantes autores: Bretéchér, Druillet, Giraud, Mézières, etc. Os seus primeiros traballos para a revista foron pequenas historias de ficción científica, coas que acadou certa sona e foi etiquetado dentro dos seguidores de Moebius, e tamén ilustracións para as páxinas de actualidade da revista.

A partir de 1975 comezou unha frutífera colaboración co guionista Pierre Christin co que realizou unha serie de historias escuras e fantásticas que retratan a realidades políticas coñecidas co nome de Légendes d'aujourd'hui. Ata 1983 suman 5 álbums: A cruzada dos esquecidos, O navío de pedra, A cidade que non existía, As falanxes da orde negra e Partida de caza.

En 1980 comezou a publicar en Pilote de su primer álbum como autor completo e que deu inicio á Triloxía Nikopol: A feira dos inmortais. Completaron a triloxía A muller trampa en 1986, e Frío Ecuador en 1992, sendo este último escollido mellor álbum do ano pola revista francesa Lire.

En 1982, Alan Resnais encargoulle o deseño dos decorados do filme La Vie es un Roman. Pouco despois, en 1985, unha nova colaboración co cinema, desta volta da man de Jean-Jacques Annaud no filme O nome da rosa. Na década de 1980, xa como autor consagrado, ilustra os textos de Patrick Cauvin en Fora de xogo e comeza a publicar compilacións de ilustracións e outros materiais gráficos.

En 1987 gañou o Grande Premio do 14º Festival de Banda Deseñada de Angoulême. En 1989 realizou o seu primeiro filme como director Bunker Palace Hôtel, protagonizada por Jean-Louis Trintignant e Carole Bouquet, coa que obtén críticas positivas. O segundo dos seus filme foi Tykho moon, estreada en 1997. Ademais continuou a deseñar decorados e vestiario de diversos filmes.

En 1999 volveu ao mundo da BD coa publicación de O soño do monstro que deu inicio a unha nova serie (Tetraloxía Hatzfeld) que completan outros tres títulos: 32 de decembro (2003), Cita en París (2006) e Catro? (2007). Nelas están moi presentes conflitos actuais coma as Guerras nos Balcáns ou os atentados do 11-S.

En 2000 publicouse unha nova colaboración con Christin, O sarcófago, na que se trata o Accidente de Chernóbil.

En 2004 estréase o seu terceiro filme titulado Immortel: ad vitam que é unha adaptación libre dos dous primeiros álbums da Triloxía Nikopol, feita en parte con actores reais e, en parte con imaxes de síntese xeradas por computador.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Le bol maudit (1972).
  • A cruzada dos esquecidos (Le croisière des oubliés) (1975). Guión: Pierre Christin.
  • O navío de pedra (Le vaîsseau de Pierre) (1976). Guión: Pierre Christin.
  • A ciudad que non existía (La ville qui n'esistait pas) (1977).Guión: Pierre Christin.
  • Memorias do espazo exterior (Mémoires d'Outre-Space) (1978).
  • Exterminador 17 (Exteminateur 17) (1978). Guión: Jean-Pierre Dionnet.
  • As falanges da orde negra (Les Phalanges de l'Ordre Noir) (1979). Guión: Pierre Christin.
  • A feira dos inmortais (La foire aux inmortels) (1980).
  • Partida de caza (Partie de chasse) (1983). Guión: Pierre Christin.
  • Os Anxos, L'étoile oubbliée de Laurie Bloom (1984). Guión: Pierre Christin.
  • A muller trampa (La Femme piege) (1986).
  • L'etat des stocks (1986).
  • Fora de xogo (Hors-Jeu) (1987). Guión: Patrick Cauvin.
  • Coeurs sanglants (1989). Guión: Pierre Christin.
  • Frío Ecuador (Froid Équateur) (1992).
  • Sangue azul (Bleu sang) (1994).
  • O soño do monstro (Le sommeil du monstre) (1998).
  • Tykho moon, livre d'un film (1998).
  • Un Siecle d'Amour (1999). Ilustración del libro de Dan Franck.
  • L'etat des stocks. Milleneufcentquatrevingtdixneuf (1999).
  • Le Sarcophage (2000). Guión: Pierre Christin.
  • 32 de decembro (32 Decembre) (2003).
  • Nouvel état des stocks (2006).
  • Cita en París (Rendez-Vous a Paris) (2006).
  • Catro? (Quatre?) (2007).

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Bunker Palace Hôtel (1989).
  • Tykho Moon (1997).
  • Immortel, ad vitam (2004).