Enfrontamentos relixiosos na India
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os enfrontamentos relixiosos na India refírese a altercados con violencia e conflitos diversos con motivación relixiosa entre, principalmente, musulmáns, cristiáns e hindús na India. Os enfrontamentos entre cristiáns e hindús adquiren especial relevancia na rexión sueste do país, en Kranataka.[1]
[editar] Características
O fundamentalismo relixioso considérase un dos principais impulsores, xunto co nacionalismo hindú, o separatismo sikh, o evanxelismo cristián e o fundamentalismo islámico que actúan como catalizadores ou como forzas primarias dos brotes de violencia.
Os actos de violencia inclúen incendios de templos, reconversión de fieis pola forza e ameazas de violencia física, queima de libros sagrados, violacións e destrución de escolas, colexios e cemiterios.
[editar] Notas
- ↑ Enfrentamientos entre hindúes y cristianos en India, nova e vídeo en El País. (en castelán)