Encoro Hoover

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista aérea da represa.

O encoro Hoover ou presa Hoover, chamada nun primeiro momento Encoro Boulder, é unha represa de formigón de arco-gravidade, situada no curso do río Colorado, na fronteira entre os estados de Arizona e Nevada, nos Estados Unidos de América. Está situada a 48 quilómetros ao sueste de Las Vegas. Recibe o seu nome de Herbert Hoover, quen xogou un papel fundamental na súa construción, primeiro como Secretario de Comercio e despois como Presidente de Estados Unidos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]