Emirates Stadium
| Datos | |
|---|---|
| Localización | Londres, Inglaterra |
| Arquitecto | HOK Sport |
| Custo | £390 millóns |
| Inauguración | 22 de xullo de 2006 |
| Superficie | Céspede natural |
| Capacidade | 60.355 |
| Dimensións | 105 x 68 m. |
| Propietario | Arsenal F.C. |
| Localía | Arsenal F.C. |
| Eventos | |
| Copa do Mundo de Rugby 2015 | |
O Emirates Stadium é o terceiro maior estadio de fútbol de Inglaterra, despois do mítico Old Trafford e do ultramoderno Wembley, e por tanto o segundo máis grande de Londres. O Emirates está situado ao norte de Londres, no barrio de Ashburton Grove, moi preto de Highbury Stadium. É propiedade do Arsenal F.C. e nel disputa os seus partidos como local. Ten unha capacidade de 60.355 espectadores sentados.[1]
Índice |
Historia [editar]
Foi inaugurado no verán de 2006 nun partido amigable Arsenal FC e o Ajax Amsterdam como homenaxe ao xogador holandés Dennis Bergkamp. Creouse como novo estadio do Arsenal para substituír ao antigo Highbury Stadium. Actualmente é usado para os partidos da Premier League.
Ten capacidade para 60.355 espectadores, o terreo de xogo conta cunha superficie de 105x68 metros e a súa construción custou uns 390 millóns de libras esterlinas, é dicir, 581 millóns de euros. O estadio foi deseñado pola compañía HOK Sport, que tamén deseñou o Estádio da Luz de Lisboa ou o Estadio Novo Wembley. O seu nome débese a un contrato por 15 anos con Emirates Airlines.
Elementos Radiactivos [editar]
En decembro de 2006 atopáronse no estadio restos de polonio 210, material altamente radioactivo co que se envelenou ao ex-axente soviético Aleksandr Litvinenko. Os sospeitosos do asasinato presenciaron o 1 de novembro o partido entre o Arsenal e o CSKA Moscova. Con todo as cantidades eran mínimas, e rapidamente informouse que non se trataba dun risco para a saúde pública.