Ellen Allien
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Ellen Allien | |
|---|---|
Ellen Allien en Magma (Tenerife), 2006 |
|
| Información | |
| Orixe | Berlín, Alemaña |
| Período | 1992–Hoxe en día |
| Xénero(s) | Techno experimental Techno Electroclash Electropop |
| Selo(s) discográfico(s) | BPitch Control |
| Membros | {{{membros}}} |
| Antigos membros | {{{antigos_membros}}} |
| Web oficial | ellenallien.de |
Ellen Fraatz, coñecida como Ellen Allien, nada en 1969 en Berlín, é unha DJ alemá, produtora de música electrónica e fundadora do selo BPitch Control. Vive en Berlín, Alemaña. Canta en alemán e inglés. Ten dito que unha das maiores inspiracións para a súa música é a cultura do Berlín reunificado[1]; o seu álbum Stadtkind estaba dedicado á cidade. A súa música é difícil de clasificar estilisticamente e é mellor describila como unha mestura de techno e electro, orientada á pista de baile pero con notábeis elementos experimentais.
Índice |
[editar] Traxectoria
Allien viviu en Londres entre os anos 1988 e 1989, onde tomou contacto coa música electrónica. Cando voltou para Berlín, a música electrónica volvérase un xénero popular en Alemaña.
En 1992 converteuse en DJ residente da sala Fischlabor. Ademais, puña música noutras salas como Bunker, Tresor e E-Werk. De xeito paralelo, conseguiu ter o seu propio programa na emisora de radio Kiss FM e montar un selo discográfico, ambos chamados Braincandy. Debido a problemas coa venda dos discos, en 1997 deixou Braincandy e comezou a organizar festas co nome de B Pitch.
Xa en 1999, Ellen Allien creou o selo BPitch Control. Nos anos seguintes, os traballos de Sascha Funke, Paul Kalkbrenner e Toktok deron a coñecer esta discográfica en todo o mundo. Allien sacou o seu primeiro álbum, Stadtkind ("neno/a de cidade"), en 2001, e Berlinette, con colaboracións de Apparat, en 2003. Despois de sacar Thrills, en 2005 Allien creou un sub-selo de BPitch Control chamado Memo Musik, especializado en minimal techno e minimal house, do que saíron traballos de Ben Klock e Zander VT. En 2006, Ellen Allien forma un dúo co produtor alemán Apparat chamado Ellen Allien & Apparat; ese mesmo ano sacan Orchestra Of Bubbles. En 2007, Ellen Allien foi a primeira muller en mesturar para a serie de discos compilatorios do clube londiniense Fabric. Despois da morte da súa avoa, en 2008, publicou o álbum Sool.
[editar] Discografía
[editar] Álbums
- 2001 - Stadtkind (BPC021)
- 2003 - Berlinette (BPC065)
- 2004 - Remix Collection (BPC080)
- 2005 - Thrills (BPC106)
- 2006 - Orchestra of Bubbles (BPC125)
- 2008 - Sool (BPC175)
[editar] EPs / Singles
- 1995 - Ellen Allien EP (XAMP03)
- 1995 - Yellow Sky Vol. II (MFS7074-0)
- 1997 - Be Wild (BRAINCANDY002)
- 1997 - Rockt Krieger (BRAINCANDY003)
- 2000 - Last Kiss '99 (BPC008)
- 2000 - Dataromance (BPC013)
- 2001 - Dataromance (Remixes) (BPC029)
- 2001 - Stadtkind (Remixes) (BPC030)
- 2002 - Erdbeermund (BPC041)
- 2003 - Trash Scapes (Remixes) (BPC066)
- 2003 - Alles Sehen (Remixes) (BPC073)
- 2004 - Astral (BPC085)
- 2005 - Magma (BPC105)
- 2005 - Your Body Is My Body (BPC113)
- 2006 - Just A Man / Just A Woman (with Audion) (SPC36)
- 2006 - Down (Remixes) (BPC116)
- 2006 - Turbo Dreams (BPC124)
- 2006 - Way Out (Remixes) (BPC129)
- 2006 - Jet (Remixes) (BPC135)
- 2007 - Go (BPC160)
[editar] Mix CDs
- 2001 - Flieg mit Ellen Allien
- 2002 - Weiss.Mix
- 2004 - My Parade
- 2007 - Fabric 34: Ellen Allien
- 2007 - Time Out Presents - The Other Side: Berlin
- 2007 - Bpitch Control Camping Compilation 03
- 2008 - Boogybytes, vol. 04
[editar] Remixes
- 1996 - Gut-Humpe - Butterpump (Ellen Allien rmx)
- 1996 - Gut-Humpe - Butter (Ellen Allien dub)
- 2001 - Malaria! - Eifersucht (Ellen Allien rmx)
- 2001 - Miss Kittin & Goldenboy - Rippin Kittin (Ellen Allien rmx)
- 2001 - PeterLicht - Die Transsylvanische Verwandte Ist Da (Ellen Allien Fun Maniac mix)
- 2002 - Covenant - Bullet (Ellen Allien rmx)
- 2003 - Apparat - Koax (Ellen Allien rmx)
- 2003 - Barbara Morgenstern - Aus Heiterem Himmel (Ellen Allien rmx)
- 2003 - OMR - The Way We Have Chosen (Ellen Allien rmx)
- 2003 - Sascha Funke - Forms And Shapes (Ellen Allien rmx)
- 2003 - Vicknoise - Chromosoma 23 (Ellen Allien rmx)
- 2004 - Gold Chains - Let's Get It On (Ellen Allien rmx)
- 2004 - Gudrun Gut - Butterfly (Ellen Allien Butter dub mix)
- 2004 - Miss Yetti - Marguerite (Ellen Allien rmx)
- 2004 - Neulander - Sex, God + Money (Ellen Allien rmx)
- 2005 - George Thompson - Laid Back Snack Attack (Ellen Allien Via mix)
- 2006 - Audion - Just A Man (Ellen Allien rmx)
- 2007 - Beck - Cellphone's Dead (Ellen Allien rmx)
- 2007 - Louderbach - Season 6 (Ellen Allien Away rmx)
- 2007 - Safety Scissors - Where Is Germany And How Do I Get There (Ellen Allien Germany rmx)
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial (en alemán)
- BPitch Control (páxina da discográfica)
- Vídeo do tema »Stadtkind«
- Ellen Allien Myspace
- Ellen Allien & Apparat