Elisabeth Rieken
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 (58/59 anos) Gießen, Alemaña |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña |
Actividade | |
Lugar de traballo | Marburgo |
Ocupación | lingüista , profesora universitaria |
Empregador | Universidade Philipps de Marburgo |
Lingua | Lingua alemá |
Elisabeth Rieken, nada en Gießen no 1965, é unha lingüista e profesora universitaria alemá.[1][2] Actualmente, traballa na Universidade Philipps de Marburgo.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Rieken estudou Lingüística Comparada nas Universidades de Hamburgo e Bochum.[1] No 1996, doutorouse nesta última institución coa súa tese Untersuchungen zur nominalen Stammbildung des Hethitischen ("Estudo sobre a formación nominal no hitita").[3] Entre o 1996 e o 2000, desempeñouse como asistente de investigación na Universidade Libre de Berlín e, temporalmente, na Universidade Cornell de Nova York. Obtivo a súa habilitación no 2001 cun traballo titulado Konditionalsätze, Irrelevanzkonditionalia und Konzessivsätze des Altirischen ("Oracións condicionais, condicionais de irrelevancia e oracións de concesión no irlandés antigo").
Con posterioridade, foi profesora no University College London e na Escola de Estudos Orientais e Africanos (SOAS). Dende o 2002, ocupa a cátedra de Lingüística Comparada e Xeral da Universidade de Marburgo. No 2019, foi elixida membro da Academia das Ciencias e da Literatura de Maguncia.
Un dos seus principais eidos de investigación é a lingua hitita. Participou na descuberta da lingua kalasma.[4]
Publicacións[editar | editar a fonte]
Monografías
- Untersuchungen zur nominalen Stammbildung des Hethitischen (1996).
- Die Konditionalsätze, Irrelevanzkonditionalia und Konzessivsätze des Altirischen (2001).
- Einführung in die hethitische Sprache und Schrift ("Introdución á lingua e á escrita hititas", 2012), coa participación de Ute Gradmann e Jürgen Lorenz.
Coedicións
- Pragmatische Kategorien: Form, Funktion und Diachronie ("Categorías pragmáticas: forma, función e diacronía", 2009). Editado por E. Rieken e P. Widmer.
- Ex Anatolia Lux: Anatolian and Indo-European studies in honor of H. Craig Melchert on the occasion of his sixty-fifth birthday. ("Ex Anatolia Lux: Estudos anatolianos e indoeuropeos en homenaxe a H. Craig Melchert con motivo do seu sesenta e cinco aniversario", 2010). Editado por R. Kim, N. Oettinger, E. Rieken e M. Weiss.
- Investigationes Anatolicae (2010). Editado por Jörg Klinger, Elisabeth Rieken e Christel Rüster.
- Der „Tawagalawa-Brief": Beschwerden über Piyamaradu ("A carta de Tawagalawa: Queixas sobre Piyamaradu", 2020). Edición de Susanne Heinhold-Krahmer e Elisabeht Rieken.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Unijournal". Philipps-Universität Marburg (en alemán). Consultado o 2024-02-10.
- ↑ 2,0 2,1 "Prof. Dr. phil. Elisabeth Rieken : Akademie der Wissenschaften und der Literatur - Mainz". www.adwmainz.de. Consultado o 2024-02-10.
- ↑ Rieken, Elisabeth (1999). Untersuchungen zur nominalen Stammbildung des Hethitischen. Studien zu den Boğazköy-Texten. Wiesbaden: Harrassowitz. ISBN 978-3-447-04033-4.
- ↑ "New Indo-European Language Discovered". www.uni-wuerzburg.de (en inglés). Consultado o 2024-02-10.