Eleccións ao Parlamento de Escocia de 2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións ao Parlamento de Escocia de 2007
 ← 2003 (pt) Traducir Editar o valor em WikidataEscocia Editar o valor em Wikidata Eleccións ao Parlamento escocés Editar o valor em Wikidata  → 
Data3 de maio de 2007 Editar o valor em Wikidata
TipoScottish Parliament election (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidoMember of the 3rd Scottish Parliament (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Resultado da votación Editar o valor em Wikidata
Alex SalmondElixido/a
0
 
Exterior do colexio electoral de St. Marks Church Hall, en Stirling, durante as eleccións ao Parlamento escocés do 3 de maio de 2007.

As eleccións ao Parlamento escocés de 2007 celebráronse o 3 de maio de 2007 e son a terceira convocatoria electoral dende que entrara en funcionamento o Parlamento escocés, logo da Lei de Escocia de (1999). As eleccións tiveron lugar coincidindo coas eleccións municipais en todos os concellos de Escocia, así como coas eleccións á Asemblea de Gales e as eleccións municipais en diversas vilas e cidades de Inglaterra e Gales.

Sistema electoral[editar | editar a fonte]

Nestes comicios non se modificou o sistema tradicional de elección ao parlamento escocés, baseado nunha dobre votación por circunscricións e rexións electorais.

O voto por circunscricións[editar | editar a fonte]

As papeletas electorais para os votos ás circunscricións son de cor crema. Existen 73 circunscricións electorais en Escocia, e cada unha delas elixe o seu representante. A diferenza de poboación é moi pequena entre unha e outra circunscrición, e sitúanse ao redor dos 80.000 habitantes. Só as illas Shetland e Órcadas están sobrerrepresentadas pola súa escasa poboación.

É elixido deputado no parlamento escocés aquel ou aquela candidata que consiga un voto máis có resto. É o que se coñece como first-past-the-post, ou sexa, o primeiro que chega, gaña.

O voto por rexións[editar | editar a fonte]

As papeletas electorais para os votos ás rexións electorais son de cor violeta. Existen oito rexións electorais, e cada unha delas escolle sete deputados. As rexións teñen ao redor de 600.000 electores.

Aínda que se produce unha nova votación para este sistema, o voto por rexións é considerado complementario do de circunscricións, e procura compensar a proporcionalidade que se perde co sistema de elección directa. Para achar o número de deputados que se lles outorga a cada unha das candidaturas, divídese o número de votos recibidos na urna rexional polo número, máis un, das circunscricións en que obtiveron a vitoria. Así, se unha formación gaña en cinco circunscricións, divídese o seu voto rexional por seis. Despois realízase unha asignación semellante á Lei d'Hont, escollendo os mellores cocientes, e facendo sudivisións por divisores maiores ata completar os sete deputados rexionais.

Sondaxes[editar | editar a fonte]

A maior parte das sondaxes previas outorgábanlle a vitoria ao Partido Nacional Escocés , cunha porcentaxe que se movía entre o 28 e o 40%, máis elevada canto máis próxima aos comicios. En segunda posición colocaban o Partido Laborista, entre un 28% e un 38%, máis baixa canto máis preto das votacións. Nun segundo estado colocábanse o Partido Conservador e mais o Partido Liberal-Demócrata, entre o 10% e o 18%.

Resultados[editar | editar a fonte]

Por primeira vez na historia, o Partido Nacional Escocés gañou unhas eleccións en Escocia. Había máis de 50 anos que os laboristas non saían derrotados nuns comicios. Pero os resultados non permiten a confección dunha maioría de goberno, agás coa intervención de tres partidos (fóra da posibilidade, matematicamente existente, dunha Gran Coalición, que non é probábel).

Partido Voto en circunscricións % +/- Escanos +/- Voto rexional % +/- Escanos +/- Escanos totais +/-
  Partido Nacional Escocés 664.227 32,9 +9,1 21 +12 633.401 31,0 +10,2 26 +8 47 +20
  Partido Laborista 648.374 32,2 -2,5 37 -9 595.415 29,2 -0,1 9 +5 46 -4
  Partido Conservador 334.743 16,6 -0,0 4 +1 284.005 13,9 -1,6 13 -2 17 -1
  Partido Liberal-Demócrata 326.232 16,2 +0,9 11 -2 230.671 11,3 -0,5 5 +1 16 -1
  Partido Verde Escocés 2.971 0,2 +0,2 0 82.584 4,0 -2,8 2 -5 2 -5
  Partido Socialista Escocés 525 0,0 -6,2 0 12.731 0,6 -6,1 0 -6 0 -6
  Solidariedade 31.066 1,5 +1,5 0 0
  Partido Unidade da Terceira Idade Escocesa 1.702 0,1 +0,0 0 38.743 1,9 +0,4 0 -1 0 -1
  Independentes
25.047 1,2 -1,2 0 -2 21.320 1,0 -0,7 1 +1 1 -1
  Outros
13.157 1,2 0 112.173 5,56 0 0
 Total
2 016 978 100,00 129 2 016 978 100,00 129 129

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]