El espíritu del vino
| El espíritu del vino | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Álbum de Héroes del Silencio | |||||
| Data de edición: | 27 de setembro de 1993 | ||||
| Datas de gravación: | |||||
| Estudio(s) de gravación: | Gallery studio, Chertsey, Inglaterra |
||||
| Duración: | 71:47 | ||||
| Xénero musical: | Hard rock | ||||
| Selo discográfico: | EMI | ||||
| Producido por: | Phil Manzanera | ||||
| Cronoloxía | |||||
|
|||||
El espíritu del vino é o terceiro álbum de estudio do grupo de rock español Héroes del Silencio, publicado no 1993. Foi producido novamente por Phil Manzanera, gravado nos estudios Gallery (Surrey, Chertsey, Londres), e misturado en Metropolis Studios (Londres).
[editar] Características
Quizáis o disco máis exitoso da carreira de Héroes del Silencio, onde explotan a súa faceta máis rockeira, inspirándose no Rock & Roll dos anos 60 e 70, e marcando unha clara influencia do novo Hard Rock, grazas á revitalización do Rock de fala hispana. Aínda quedan algúns matices propios do Rock Gótico.
Ademais, a influencia de Phil Manzanera faise notar máis. Isto non significa que Manzanera lles impuxese coma debíase realiza-la gravación, senón que o traballo fluiu por si só, facéndose presentes as drogas e o exceso.
El espíritu del vino, foi un disco completamente alonxado do obscurantismo de Senderos de traición, aínda tendo aspectos propios do rock sinistro. As letras tornáronse moito máis complexas, e é o disco polo que a crítica tachou a Enrique Bunbury de "matacans".
O título non é máis que a inspiración xurdida nun momento no que a agrupación atopábase en pleno estado de ebriedade. As letras son o claro reflexo delo, aínda que tamén, significa a ambigüidade do traballo, que pode pasar de ser brando, a se-lo máis duro e ríxido en canto a música e letras se refire.
Foi número un en España e alcanzou o número nove en Alemaña, o seu maior éxito alí. A presentación mundial do traballo fíxose en Berlín.
[editar] Contido
[editar] Lista de cancións
| El espíritu del vino | |||
|---|---|---|---|
| Nº | Título | Duración | |
| 01 | "Nuestros nombres" | 05:56 | |
| 02 | "Tesoro" | 02:18 | |
| 03 | "Los placeres de la pobreza" | 04:19 | |
| 04 | "La herida" | 06:53 | |
| 05 | "La sirena varada" | 04:15 | |
| 06 | "La apariencia no es sincera" | 07:02 | |
| 07 | "Z" | 00:51 | |
| 08 | "Culpable" | 06:03 | |
| 09 | "El camino del exceso" | 05:35 | |
| 10 | "Flor de loto" | 06:14 | |
| 11 | "El refugio interior" | 01:34 | |
| 12 | "Sangre hirviendo" | 05:11 | |
| 13 | "Tumbas de sal" | 04:32 | |
| 14 | "Bendecida 2" | 00:36 | |
| 15 | "Bendecida" | 05:59 | |
| 16 | "La alacena" | 03:40 | |
| 17 | "Nuestros nombres (Versión Maxi)" | 09:26 | |
|
||||||||||||||