Senderos de traición

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Senderos de traición
Álbum de Héroes del Silencio
Publicado4 de maio de 1990
Estudio(s)Kirios,
Madrid, España
Duración45:00
Xénero(s)Rock & Roll, hard rock
Selo(s)EMI
Producido porPhil Manzanera
Cronoloxía
En directo (1989) Senderos de traición Senda '91 (1991)

Senderos de traición é o segundo álbum de estudio do grupo de rock español Héroes del Silencio, publicado no 1990.

Foi gravado nos estudios Kirios, (Madrid) baixo a produción de Phil Manzanera para Sound & Management (Zúric, Suíza), sendo o enxeñeiro de son e mesturas Keith Bessey. Foi mesturado en Metropolis Studios (Londres, Inglaterra).

Moitas das cancións que aparecen neste disco xa as viñan a tocar na súa xira anterior; "Entre dos tierras" era xa un tema que non debía faltar no repertorio da banda.

O grupo considerou este o mellor disco da súa carreira, e onde a crítica comezou a apoiarlles máis. Era un disco completamente introspectivo e moi acorde á época, facendo unha fusión de sons entre o Rock Gótico, o Pop, e o Hard Rock. As maiores influencias serían The Mission e New Model Army.

Trátase dun disco onde non se preocuparon moito pola composición dos temas, só a darlles un arranxo ás composicións, varias cancións xa estaban presentes e coma se menciona con anterioridade, xa se tocaban nas súas presentacións.

As letras comezan a seren máis fondas, aquí explótanse máis a fondo os sentimentos, a ira, a frustración, a tristura, a melancolía; e os efectos causados polas drogas amósanse de maneira explícita, coma o é o tema "Hechizo".

Todos estes sentimentos e sensacións fanse presentes en tódalas cancións, "Entre dos tierras", "Maldito duende", "La carta", "Malas intenciones", "Oración", "Despertar", "Con nombre de guerra".

Foi o seu primeiro número un en España e o primeiro álbum que entrou nas listas de vendas en Alemaña.

Contido[editar | editar a fonte]

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

Senderos de traición
Título Duración
01 "Entre dos tierras" 06:04
02 "Maldito duende" 04:14
03 "La carta" 03:05
04 "Malas intenciones" 03:46
05 "Sal" 00:17
06 "Senda" 03:50
07 "Hechizo" 04:37
08 "Oración" 04:06
09 "Despertar" 02:49
10 "Decadencia" 04:15
11 "Con nombre de guerra" 04:18
12 "El cuadro II" 04:02