El camino de San Diego
| O camiño de San Diego | |
|---|---|
| Título orixinal | El camino de San Diego |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Carlos Sorín |
| Produtor | Hugo Sigman Oscar Kramer Carlos Sorín |
| Guión | Carlos Sorín |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Ignacio Beníte Carlos Wagner Paola Rotela |
| Música | Nicolás Sorín |
| Fotografía | Hugo Colace |
| Montaxe | |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | |
| Ano | 2006 |
| Duración | 98 min. |
| País | Arxentina |
| Xénero | Social, deportivo |
| Orzamento | |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | {{{seguinte}}} |
| Ficha en IMDb | |
El camino de San Diego é unha película arxentina-española de 2006, dirixida por Carlos Sorín. Foi estreada o 14 de setembro de 2006, en Bos Aires.
Foi filmada na provincia de Misiones e trátase basicamente dunha “road movie”. O relato está ambientado no 2004, cando o futbolista arxentino Diego Maradona foi internado por graves problemas cardíacos, e miles de persoas se mobilizaron até o hospital no que estaba sendo atendido, para pedir pola súa saúde e expresarlle o seu afecto.
Índice |
[editar] Argumento
Conta a historia de Tati Benítez, un humilde traballador da madeira, que vive nunha pequena poboación rural na norteña provincia de Misiones, que está en paro, ten á súa muller (Paola Rotela) embarazada e é admirador de Maradona. Tati encontra na selva unha gran raíz de timbó, que aos seus ollos reproduce a imaxe do seu ídolo. Cando Tati coñece os problemas de saúde de Maradona, decide peregrinar á Bos Aires para entregarlle a súa figura, coñecendo no camiño outros personaxes coas súas propias preocupacións.
[editar] Elenco
- Ignacio Benítez, Tati Benítez
- Carlos Wagner Messerlian La Bella, Waguinho
- Paola Rotela, Muller de Tati
- Silvina Fontelles, Señora Matilde
- Miguel González Colman , Silva
- José Armónico, Gauna
- Toti Rivas, El Tolo
- Marisol Córdoba, Muller do Tolo
- Otto Mosdien, Pastor Otto
- Claudio Uassouf, Cura
- Lila Cáceres, Nai nova
- Pascual Condito, Pascual
- Juan Villegas (II), Dono Casa Fotografía
- Walter Donado, Chofer Ambulancia
- Aníbal Maldonado, Contrabandista
- Alberto Rodríguez Mujica, Rodríguez
- Alberto Rodríguez (III), Soledad
- María Marta Alvez, Gardia 1
- Alfredo Lorenzo, Cego
[editar] Galardóns
- Festival Internacional do Novo Cine Hispanoamericano de La Habana (2006): Gran Coral (segundo premio)
- Festival Internacional de Cine de San Sebastián (2006): Premio especial do xurado
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- El camino de San Diego Cine Nacional. (en castelán)
- El camino de San Diego Paxina oficial