Diego Armando Maradona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Diego Maradona")
Diego Maradona
Maradona at 2012 GCC Champions League final.JPG
Maradona co Al Wasl en 2012
Información persoal
Nome completo Diego Armando Maradona Franco
Nacemento 30 de outubro de 1960 (54 anos)
Lugar Lanús, Arxentina
Altura 1,65 m.
Posición Medio ofensivo / Segunda punta
Carreira xuvenil
1969 Estrella Roja
1970–1974 Los Cebollitas
1975 Argentinos Juniors
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1976–1981 Argentinos Juniors 167 (115)
1981–1982 Boca Juniors 40 (28)
1982–1984 Barcelona 36 (22)
1984–1991 Napoli 188 (81)
1992–1993 Sevilla 26 (5)
1993–1994 Newell's Old Boys 7 (0)
1995–1997 Boca Juniors 30 (7)
Total 490 (311)
Selección nacional
1977–1994 Arxentina 91 (34)
Adestrador
1994 Textil Mandiyú
1995 Racing Club
2008–2010 Arxentina
2011–2012 Al Wasl
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Diego Armando Maradona Franco, nado en Lanús (Buenos Aires) o 30 de outubro de 1960 é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coa selección arxentina. Alcumado "El Diez" (do castelán: O Dez) e "El Pelusa" (do castelán: O Peluxe), entre outros, está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte, sendo elixido o mellor xogador do século XX nunha votación realizada no sitio web da FIFA.

Ao longo da súa vida Maradona conseguiu importantes logros deportivos tanto coa selección Arxentina, coa que conseguiu a Copa Mundial de Fútbol de 1986, como con algúns dos clubs nos que xogou. Os seus logros deportivos víronse moitas veces contrastados pola súa adicción ás drogas e polos diversos feitos xudiciais nos que se viu involucrado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus comenzos[editar | editar a fonte]

Criouse en Villa Fiorito, unha localidade sita no sur de Buenos Aires. O seu primeiro contacto co mundo do fútbol foi en 1969, cando realizou unha proba para entrar no club de fútbol "Los Cebollitas".

Con 12 anos xogou algúns partidos coas divisións inferiores de Argentinos Juniors. Para que isto sucedera o adestrador debía mentir sobre a súa idade, xa que non alcanzaba a mínima disposta polo regulamento, e cando comezou a ser coñecido inscribiuno con outro nome. O seu paso polas categorías inferiores foi moi curto, xa que antes de cumprir os 16 anos debutou no primeiro equipo de Argentinos Juniors.

No fútbol arxentino[editar | editar a fonte]

O seu debut na Primeira División Arxentina produciuse o 20 de outubro de 1976, nun partido do Campionato Metropolitano, oportunidade na que o seu equipo Argentinos Juniors perdeu ante Talleres de Córdoba por 1-0. O mes seguinte, o día 14 de novembro, converteu o seu primeiro gol.

Aos 16 anos foi convocado pola Selección arxentina, e en 1979 foi elixido como mellor xogador sudamericano do ano, despois de gañar o Mundial Xuvenil do Xapón, onde anotou un tanto no partido definitorio fronte á Unión Soviética, que finalizou coa vitoria Arxentina por 3-1. Logo foi elixido como o mellor xogador do Mundial.

Foi o máximo goleador dos torneos Metropolitano 1978, Metropolitano e Nacional 1979, Metropolitano e Nacional 1980; todos coa camiseta de Argentinos Juniors. Isto outorgoulle un record no fútbol arxentino, é o único xogador que conseguiu consagrarse goleador do torneo en cinco ocasións. O seu primeiro gol coa Selección arxentina marcouno o 2 de xuño de 1979 fronte a Escocia en Glasgow, onde o seu equipo venceu o local por 3 a 1.

Mentres o seu renome medraba no mundo, en Arxentina os seus dereitos federativos foron adquiridos por Boca Juniors. Debutou o 22 de febreiro de 1981 e marcou dous goles fronte a Talleres de Córdoba, aínda que desta vez vingouse e o seu equipo superou o seu rival por 4-1. Ese ano gañou o torneo Metropolitano coa condución táctica de Silvio Marzolini. En Boca Juniors xogou 40 partidos e marcou 28 goles.

Paso polo F.C. Barcelona[editar | editar a fonte]

Trala súa participación no Mundial de Fútbol de 1982 celebrado en España, na que a Selección arxentina se hospedou en Barcelona, Maradona foi vendido ao Fútbol Club Barcelona que pagou 1.200 millóns de pesetas a Boca Juniors, cifra ata ese momento inaudita por un xogador no mercado mundial.

O primeiro partido oficial de Maradona co Barcelona foi o 4 de setembro de 1982, onde, pese a que converteu un tanto, o seu equipo caeu co Valencia por 2-1. En decembro de 1982, tendo disputado 13 partidos da Liga, e marcado 6 goles, detectóuselle hepatite, razón pola que tivo que abandonar os campos por tres meses.

Reapareceu o 12 de marzo de 1983, nun partido contra o Betis, pero o FC Barcelona non puido xa aspirar á Liga, e soamente conseguiu a cuarta posición, quedando a seis puntos do campión, o Athletic de Bilbao. Maradona disputou 20 partidos de liga e anotou un total de 11 goles.

O 26 de xuño gañou a Copa da Liga, tamén fronte ao Real Madrid, sendo Maradona o autor dun gol en cada un dos dous partidos da final. O gol anotado por Maradona no Estadio Santiago Bernabéu, e que supuxo a vitoria barcelonista, provocou a ovación do público madridista, que recoñeceu a beleza do gol pese a ser marcado polo conxunto rival.

A temporada 1983-84 empezou moi mal para Maradona. O 24 de setembro de 1983 enfrontáronse no Camp Nou o FC Barcelona e o Athletic de Bilbao, e Maradouna mancouse rompendo o noelo da perna esquerda. Só puido xogar 16 partidos aquela temporada, nos que marcou un total de once goles.

A final da Copa do Rei, disputada no Estadio Santiago Bernabéu de Madrid o 5 de maio de 1984, enfrontaba o Barcelona co Athletic de Bilbao, o vixente campión de Liga. Gañou o Athletic de Bilbao por 1 a 0, pero cando o árbitro pitou o final do partido, Maradona agrediu a un xogador do Athletic e os xogadores de ambos os equipos leáronse nunha liorta. Tralo escándalo orixinado, varios xogadores foron fortemente sancionados e a Federación Española de Fútbol impuxo a Maradona unha sanción de tres meses sen poder xogar nas competicións españolas.

Persoal[editar | editar a fonte]

Os seus irmáns Hugo Hernán e Lalo tamén foron futbolistas.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Participacións nos mundiais[editar | editar a fonte]

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Diego Armando Maradona

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]