Elías Rodríguez Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElías Rodríguez Varela
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1937 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Trabada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , empresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0735801 Facebook: erodriguezvarela Editar o valor em Wikidata

Elías Rodríguez Varela, nado en Trabada o 1 de xaneiro de 1937, é un empresario e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1958 ingresou en Radio Juventud e en 1963 en Radio Nacional. En 1968, converteuse no fundador e xefe de emisións de Radio Centro, sendo un importante profesional en locucións publicitarias. En 1981 fundou Centro de Comunicación e en 1989 Estudios Abaira, S.A., empresa dedicada á publicidade, dobraxe e sonorización. É presidente do Grupo Abaira (Estudios Abaira, Abaira Publicidad, Matinha Estudios de Son de Portugal, Abrente Soluciones Audiovisuales e Línea de Fuego), vicepresidente do Grup Bosques Naturales (Bosques Naturales, Forestalia, Boscalia, Eurobosques, Adagro) e conselleiro de varias empresas.[1]

Como actor participou nunha película, e prestou a súa voz e moitas como narrador. Foi tamén presentador no concurso Gran Casino da Televisión de Galicia.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Como actor[editar | editar a fonte]

Como narrador[editar | editar a fonte]

  • Una joven nación (1971).
  • Mosaico de canciones (1972).
  • Legado arquitectónico español (1975).
  • Galicia (1975).
  • Lugo 2000 (1976).
  • La nueva Costa del Sol (1976).
  • El chou de Cho-Juaa (curta de animación, 1978).
  • Mensaxe de Copyright de BuenaVista Home Entertainment.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi nomeado Fillo Predilecto de Trabada, membro da Enxebre Orde da Vieira e Cabaleiro do Camiño de Santiago e Madrigalego de Ouro.[2] Foi galardoado cos premios "Antena de Oro" e prata da comunicación e medalla de prata de Galicia en 2003.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]