Elías Rodríguez Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElías Rodríguez Iglesias
Biografía
NacementoOs Peares Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , xornalista Editar o valor em Wikidata

Elías Rodríguez Iglesias, nado nos Peares, foi un poeta e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Cuba sendo mozo. Colaborou en Eco de Galicia e Heraldo de Galicia. En 1921 retornou a España e foi soldado en Marrocos.[1] Escribiu crónicas de Marrocos para Eco de Galicia. Foi nomeado vixilante de segunda clase en Lugo en 1927,[2] e despois foi axente de vixilancia da Comisaría de Ourense, cesando no cargo en maio de 1931.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi axente comercial instalado no barrio da Ponte. En 1968 obtivo o segundo premio en castelán nos Xogos florais de Vilagarcía de Arousa.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eco de Galicia, 6-11-1921, p. 3.
  2. El Pueblo Gallego, 28-1-1927, p. 8.
  3. La Región, 5-5-1931, p. 8.
  4. La Voz de Galicia, 11-8-1961, p. 9.
  5. El Pueblo Gallego, 25-8-1968, p. 2.