Eduard Fernández
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduard Fernández Serrano, nado o 25 de agosto de 1964 en Barcelona, é un actor catalán.
[editar] Traxectoria
Combina traballos en teatro, cinema e televisión. Destaca en teatro o seu papel con Els Joglars durante catro anos. En cine foi moi encomiada a súa interpretación en Los lobos de Washington así como tamén en filmes como Alatriste ou El método.
Gañou o premio Goya como mellor actor por Fausto 5.0 e como mellor actor de reparto por En la ciudad.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Entrevista co actor, publicada no diario Público o 18 de xullo de 2010. (en castelán)
- 3 días: Alan Nessim entrevista a Eduard Fernandez no youtube.