Economía de Tailandia
| Economía de Tailandia | |
|---|---|
| Moeda | Baht |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, ASEAN, APEC |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 580,3 mil millóns (2010) |
| Posición do PIB | 25ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 7,6% (2010) |
| PIB per cápita | $ 8,700 (2010) |
| PIB por sector | agricultura 10,4%, industria 45,6%, comercio e servizos 44% (2010) |
| Inflación | 3,3% (2010) |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 9,6% (2006) |
| Total da forza de traballo | 38,7 millóns (2010) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 42,4%, industria 19,7%, comercio e servizos 37,9% (2008) |
| Desemprego | 1,2% (2010) |
| Industrias | turismo, téxtiles e roupas, procesamento agrícola, bebidas, tabaco, cemento, manufaturas leves (xoias, aparellos eléctricos, computadores e pezas, circuítos integrados), móbiles, plásticos, automóbiles e pezas, tungsteno (2º produtor mundial), estaño |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 191,3 mil millóns (2010) |
| Produtos de exportación | téxtiles e calzados, produtos de pesca, arroz, caucho, xoias, automóbiles, equipamentos eléctricos e computadores |
| Principais mercados | Estados Unidos 10,9%, República Popular de China 10,6%, Xapón 10,3%, Hong Kong 6,2%, Australia 5,6%, Malaisia 5% (2009) |
| Importacións | 156,9 mil millóns (2010) |
| Principais produtos importados | bens de capital, bens intermediarios e materias primas, bens de consumo, combustíbeis |
| Principais mercados | Xapón 18,7%, República Popular de China 12,7%, Malaisia 6,4%, Estados Unidos 6,3%, Emiratos Árabes Unidos 5%, Singapur 4,3%, Corea do Sur 4,1% (2009) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 82,5 mil millóns (2010) |
| Receitas | 56,33 mil millóns (2010) |
| Despesas | 56,87 mil millóns (2010) |
Cunha boa infraestrutura, unha economía de mercado aberto, políticas favorables a investimentos e fortes políticas de exportación, Tailandia tivo un sólido crecemento entre os anos 2000 e 2007, superior a 4% ao ano,[1] alcanzando cotas do 6,9% e 6,1% en 2003 e 2004, tras recuperarse da crise asiática do 1997-1998.[1]
Durante a última etapa do Goberno do primeiro ministro Thaksin o 2006, o nivel de investimentos descendeu un 26%. A crise financeira global do 2008-2009 afectou severamente as exportacións do país, coa maioría dos sectores sufrindo reducións significativas. O 2009 a economía contraeu 2,2%[1]. O 2010 a economía recuperouse e expandiuse 7,6%, o seu máis alto crecemento dende o 1995. As exportacións recuperáronse da súa caída o 2009[1]. As protestas contra o goberno entre marzo e maio polarizaron a situación política e tiveron un impacto no consumo e no nivel de confianza dos consumidores[1].
A pesar de o turismo ter sido afectado durante as protestas, a súa rápida recuperación axudou a elevar a confianza dos consumidores e dos negocios. O PIB medrou o 0.1% no ano 2011 [3].