Economía de Lituania
| Economía de Lituania | ||
|---|---|---|
| Moeda | Litas | |
| Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Europea, OSCE | |
| Datos estatísticos[1] | ||
| PIB | US$ 53,35 mil millóns (2009) | |
| PIB (posición) | 88ª no mundo[2] | |
| % de crecemento PIB | -16,8% (2009) | |
| PIB per cápita | US$ 15.000 (2009) | |
| PIB por sector | agricultura 5,3%, industria 33,2%, comercio e servizos 61,5% (2009) | |
| Inflación anual | 4,7% (2009) | |
| Poboación abaixo da liña da pobreza | 4% (2003) | |
| Total da forza de traballo | 1.656.000 (2009) | |
| % traballadores por sector | agricultura 14%, industria 29,1%, comercio e servizos 56,9% (2005) | |
| Desemprego | 15% (2009) | |
| Principais industrias | máquinas para cortes de metal, motores eléctricos, televisores, frigoríficos, refinado de petróleo, construción naval (barcos pequenos), textis, procesamento de alimentos, fertilizantes, maquinaria agrícola, equipamento óptico, compoñentes electrónicos, ordenadores, xoias de ámbar | |
| Parcerías comerciais[1] | ||
| Exportacións (US$) | 14,68 mil millóns f.o.b. (2009) | |
| Principais productos exportados | minerais 23%, téxtiles e roupas 16%, máquinas e equipamentos 11%, produtos químicos 6%, madeira e pezas de madeira 5%, alimentos 5% (2001) | |
| Principais mercados | Rusia 16%, Letonia 11,6%, Alemaña 7,1%, Polonia 5,8%, Estonia 5,7%, Francia 4,9%, Reino Unido 4,7%, Dinamarca 4,7%, Bielorusia 4,4% (2008) | |
| Importacións (US$) | 15,63 mil millóns (2009) | |
| Principais productos importados | minerais, máquinas e equipamentos, equipamentos de transporte, produtos químicos, textis e roupas, metais | |
| Principais parceiros | Rusia 29,9%, Alemaña 11,8%, Polonia 9,9%, Letonia 5,2% (2008) | |
| Finanzas públicas[1] | ||
| Débeda externa | US$ 36,43 mil millóns (2009) | |
| Receitas (US$) | 13,09 mil millóns | |
| Despesas (US$) | 16,62 mil millóns (2009) | |
| Axuda económica recebida (US$) | 2 286 millóns de euros, da UE (2010) | |
A agricultura de Lituania foi tradicionalmente a base da economía do país. Pero a partir da década de 1940 industrializouse moi rapidamente, malia que a agricultura aínda é importante ( arredor dunha quinta parte [Cómpre referencia] da poboación activa co 53,9% da terra é de cultivo, mentres o 30,4% son bosques e o 7,6% pastos). Tamén é bastante importante a gandería.
Economicamente, o país divídese en catro zonas, o leste do país que ten un sector industrial diversificado e en expansión (metalurxía, manufacturas, carpintarías e industria lixeira). A zona sur posúe a metade dos recursos enerxéticos e acuáticos e ten metalúrxicas, manufacturas e producións alimentarias (sobre todo pola gandería e a plantación de acelga-rabanete). O norte de Lituania ten pouca industria pero é unha importante zona granxeira (cereais e acelga rabanete). A zona Oeste é máis coñecida polos estaleiros, reparación de barcos e pesca.
A pesar de ser membro da Unión Europea dende o 1 de maio de 2004, o seu comercio co países do Leste de Europa representa unha parcela crecente do total.