Eadberht de Northumbria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEadberht de Northumbria
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte19 de agosto de 768 ↔ 20 de agosto de 768 Editar o valor em Wikidata
Catedral de Iorque (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Iorque (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rei de Northumbria
737 – 758
← Ceolwulf de NorthumbriaOswulf de Northumbria → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaLeodwaldings (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosOswulf de Northumbria, Osgifu (en) Traducir, Oswine of Northumbria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiEata (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsEgberto de York (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Eadberht, finado o 20 de agosto de 768, foi rei de Northumbria de 737 ou 738 a 758.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi irmán de Ecgbert, arcebispo de York. O seu reinado é visto como un retorno ás ambicións imperiais de Northumbria e puido representar un período de prosperidade económica. Afrontou oposición interna de dinastías rivais e polo menos dous rivais reais ou potenciais foron asasinados durante o seu reinado. En 758 abdicou a favor do seu fillo Oswulf e entrou como monxe en York.

Orixes[editar | editar a fonte]

Eadberht converteuse en gobernante de Northumbria tras a segunda abdicación do seu primo Ceolwulf, que entrou no mosteiro en Lindisfarne. A diferenza da súa primeira abdicación de Ceolwulf, na que interveu a forza, esta segunda, a favor de Eadberht, pode que fose voluntaria[1].

Sceatta de prata de Eadberht

Eadberht fillo de Eata era descendente de Ida de Bernicia a través dos seus fillos, Ocga (Crónica anglosaxoa e Anglian colection) ou Eadric (Historia Brittonum). A rama familiar á que pertenceu Eadberht recibía o nome de Leodwaldingas, polo seu avó, e avó de Ceolwulf, Leodwald fillo de Ecgwulf. A xenealoxía dá ao pai de Eadberht, Eata, o cognomen de Glin Mawr[2].

Northumbria[editar | editar a fonte]

Eadberht parece que tivo que afrontar a oposición de familias rivais ao longo do seu reinado. Eardwine, probabelmente fillo de Eadwulf, e avó do rei futuro rei Eardwulf, foi asasinado en 740[3]. En 750 Offa, fillo de Aldfrith foi sacado do santuario de Lindisfarne e asasinado tras un asedio, mentres que o bispo Cynewulf de Lindisfarne, que presumibelmente apoiara a Offa, foi destronado e detido en York[4]. A importancia de fundacións relixiosas nas loitas políticas e familiares en Northumbria é aparente. A familia de Eardwine está asociada con Ripon, Offa e Ceolwulf con Lindisfarne, e Hexham parece apoiar reis e nobres enfrontados con Lindisfarne[5]. Eadberht, aínda así, como irmán do arcebispo de York, gozou do apoio do máis grande prelado de Northumbria.[6]

O reinado de Eadberht viu grandes reformas no tema da cuñaxe, e algunhas moedas mencionan ao rei Eadberht e ao arcebispo Ecgberht. Kirby conclúe que "as indicacións son que Eadberht traía prosperidade nova ao seu reino"[7]. Unha carta enviada polo papa Paulo I a Eadberht e Ecgberht, ordenándolles devolver as terras tomadas ao abade Fothred, e entregada ao seu irmán Moll, presumibelmente o futuro rei Æthelwald Moll, suxire que Eadberht tentou recuperar algúns dos vastos territorios doados á igrexa en reinados precedentes[8].

Veciños[editar | editar a fonte]

Kirby suxire que "ocorrera evidentemente un resurximento das ambicións norteñas do século sétimo entre os northumbrianos na corte de Eadberht".

O primeiro rexistro dos esforzos de Eadberht para recrear este dominio aparece en 740, o ano da morte de Earnwine. Infórmase dunha guerra entre pictos e Northumbria, durante a que Æthelbald de Mercia, aproveitou a ausencia de Eadberht para saquear as súas terras. A razón para esta guerra é incerta, pero Woolf suxire que estea relacionada co asasinato de Earnwine. O pai de Earnwine estivera exiliado no norte tras a súa derrota na guerra civil de 705–706, e poida ser que o rei picto Óengus, ou Æthelbald, ou ambos, tentasen situalo no trono de Northumbria[9].

En 750, Eadberht conquistou a chaira de Kyle e en 756, atacou xunto ao rei Óengus aos britanos de Alt Clut:

No ano da encarnación do Señor 756, o rei Eadberht no décimo oitavo ano do seu reinado, e Unust, rei dos pictos dirixiron os seus exércitos á cidade de Dumbarton. E por iso os britanos aceptaron termos alí, no primeiro día do mes de agosto. Pero no décimo día do mesmo mes pereceu case o exército enteiro que dirixa de Ouania a Niwanbirig[10].

Aquel Ouania é moi probabelmente a actual Govan, pero a localización de Newanbirig non está tan clara[11]. A pesar de que hai moitos Newburghs, o máis probábel é que se trate de Newburgh-upon-Tyne, preto de Hexham. Unha interpretación alternativa dos acontecementos de 756 identifica Newanbirig con Newborough preto de Lichfield no reino de Mercia. Unha derrota aquí para Eadberht e Óengus polos mercianos de Æthelbald correspondería coas lendas da fundación de Santo André de que un rei chamado Óengus fillo de Fergus fundou a igrexa alí como acción de grazas a Santo André por salvalo despois dunha derrota en Mercia[12].

Abdicación[editar | editar a fonte]

Eadberht abdicou en 758, entrando ao mosteiro dependente da catedral de York. A súa morte alí en 768 consta na crónica de Simeón de Durham. A súa Historia da Igrexa de Durham rexistra que Eadberht foi enterrado no soportal da catedral, xunto ao seu irmán Ecgberht, que morrera en 766.

O seu fillo Oswulf sucedeuno, pero foi asasinado antes dun ano[13]. Aínda así, o marido da súa filla Osgifu, Alhred converteuse en rei, e os descendentes de Eadberht, como Ælfwald, fillo de Oswulf e Osred, fillo de Osgifu, disputaron o trono de Northumbria até finais do século. O último descendente coñecido de Eadberht é o fillo de Osgifu, San Alhmund, asasinado en 800 por orde de Eardwulf, e reputado como mártir[14].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kirby, p. 149; Yorke, Kings, p. 88.
  2. HB, c. 61.
  3. Kirby, pp. 150 & 154; Yorke, Kings, p. 89.
  4. Higham, pp. 148–149; Kirby, p. 150; York, Kings, p. 89.
  5. Higham, p. 149; Yorke, Conversion, pp. 242–243.
  6. Campbell, p. 103.
  7. Kirby, p. 150.
  8. Yorke, Kings, p. 91.
  9. Woolf, p. 37.
  10. After Forsyth, p. 29.
  11. Forsyth, pp. 29–30; Woolf, p. 39.
  12. Woolf, pp. 39–40.
  13. Un posible segundo hijo, Oswine, mirió en batalla el 6 de agosto de 761 en rebelión contra Æthelwald Moll; Marsden, pp. 232–233.
  14. Kirby, p. 151; Yorke, Kings, p. 90, table 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Campbell, James, The Anglo-Saxon State. Londres: Hambeldon, 2000. ISBN 1-85285-176-7
  • Forsyth, Katherine. "Evidence of a lost Pictish source in the Historia Regum Anglorum" in Simon Taylor (ed.) Kings, clerics and chronicles in Scotland, 500–1297: essays in honour of Marjorie Ogilvie Anderson on the occasion of her ninetieth birthday. Dublin: Four Courts Press, 2000. ISBN 1-85182-516-9
  • Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993. ISBN 0-86299-730-5
  • Kirby, D.P., The Earliest English Kings. Londres: Unwin Hyman, 1991. ISBN 0-04-445691-3
  • Marsden, J., Northanhymbre Saga: The History of the Anglo-Saxon Kings of Northumbria. Londres: Cathie, 1992. ISBN 1-85626-055-0
  • (HB) Morris, John (ed. & tr.), Nennius: British History and The Welsh Annals. Londres: Phillimore, 1980. ISBN 0-85033-297-4
  • Woolf, Alex, "Onuist son of Uurguist : tyrannus carnifex or a David for the Picts ?" in David Hill & Margaret Worthington (eds.) Aethelbald and Offa : two eighth-century kings of Mercia (British Archaeological Reports, British series, no. 383). Oxford: Archaeopress, 2005. ISBN 1-84171-687-1
  • Yorke, Barbara, Kings and Kingdoms in Early Anglo-Saxon England. Londres: Seaby, 1990. ISBN 1-85264-027-8
  • Yorke, Barbara. The Conversion of Britain: Religion, Politics and Society in Britain c. 600–800. Londres: Longman, 2006. ISBN 0-582-77292-3