Dulce María Espinosa Saviñón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dulce María Espinosa Saviñón, nada na Cidade de México o 6 de decembro de 1985, é unha actriz é cantante mexicana.

[editar] Biografía

Ao igual que outras colegas da súa xeración (Anahí, Zoraida Gómez, Irán Castillo, Sherlyn, entre outras) iniciou a súa carreira artística moi xoven, sendo os oito anos cando participou por primeira vez en televisión, dentro do programa Plaza Sésamo. Tamén fixo as súas primeiras aparicións en "El club de Gaby".

Para 1996 integrase ao grupo infantil KIDS, co cal logrou o éxito cos temas "La mejor de tus sonrisas" e "Prende el Switch", entre outros; para 1999, cando se disolve o grupo, integra un dueto con outro ex-KIDS, Daniel Habif, nomeado D&D, gravando cinco temas musicais, os cales nunca se deron a coñecer publicamente. Nos seguintes tres anos, a xoven actriz actuou en diversas telenovelas como No tengo madre -a antinovela de Eugenio Derbez- e Huracán (1998), Infierno en el Paraíso, Nunca te olvidaré (ambas de 1999), DKDA Sueños de juventud, Primer amor e Siempre te amaré (do ano 2000).

A finais do ano 2000 se integra ao grupo Jeans cubrindo a intérprete arxentina -e hoxe condutora- Angie. Unicamente gravou co grupo o álbum Cuarto para las cuatro I (2001); sae do grupo no ano 2002.

Para ese mesmo ano retoma o seu paso actoral como protagonista de Clase 406, interpretando a "Marcela"; en esta novela compartiu créditos xunto a Aarón Diaz, Alfonso Herrera con quen tivo unha relación sentimental, Irán Castillo e Sherlyn, sendo a telenovela mais exitosa do ano 2003.

En 2004 Pedro Damián volve a chamar para ser parte do elenco da telenovela Rebelde. O seu éxito chega a moitos países, chegándose a transmitir en case toda América, algúns países europeos, así como países de Oriente. A vez que esta, se formou o grupo pop RBD, o cal xunto cos seus compañeiros Anahí, Maite, Alfonso, Christopher e Christian, lanzaron 3 álbums en estudio en español (Rebelde, Nuestro Amor e Celestial), un en portugués para o mercado brasileiro, un en inglés para o anglosaxón e dous en vivo.

A finais do 2006 recibe a proposta de Televisa para protagonizar a versión mexicana de Floricienta (Lola, érase unha vez) pero debido aos diversos compromisos con RBD non puido participar no proxecto... que na actualidade o protagoniza a actriz debutante Eiza Gonzáles.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas