Domingo Serantes Sequeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDomingo Serantes Sequeiro
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor em Wikidata (123/124 anos)
Doniños, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata

Domingo Serantes Sequeiro, coñecido como Casanova, nado en Doniños (concello de Serantes) cara a 1900, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Modelista da Construtora Naval. Membro da UGT e militante do PSOE. Concelleiro de Serantes na Segunda República. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e encarcerado na prisión de Escollera. Foi cesado como concelleiro en novembro.[1] Xulgado en Ferrol en consello de guerra na causa 310/34 o 12 de febreiro de 1936,[2] foi condenado a seis anos de prisión menor. Saíu en liberdad días despoiss pola amnistía logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. En xullo de 1939 foi un dos participantes na evasión do bou Ramón, co que chegaron a Brest e desde alí foi conducido ao campo de concentración de Barcarés. Viviu en Alemaña de onde foi extraditado en 1945. Xulgado en Ferrol por rebelión militar foi condenado a 12 anos de prisión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 17-11-1934, p. 5.
  2. El Correo Gallego, 13-2-1936, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]