Domingo Pardo Corredoira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDomingo Pardo Corredoira
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1898 Editar o valor em Wikidata (126 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCernadas Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Domingo Luis Pardo Corredoira, coñecido como Cernadas, nado en Santiago de Compostela o 21 de febreiro de 1898, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Nicolás Pardo Cernadas, un dos fundadores do PSOE en Compostela. Pertenceu nos anos vinte ao sindicato de carpinteiros de Santiago de Compostela (CNT). Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela en abril de 1924 en representación das sociedades obreiras,[1] pero non aceptou o cargo.[2] Foi elixido presidente do sindicato de carpinteiros en xaneiro de 1926.[3] Na República foi orador nun mitin en Compostela en setembro de 1931 e foi detido en maio de 1933 con motivo da folga xeral.[4] Adheriuse ao Partido Sindicalista do que foi elixido vicesecretario en maio de 1935 e que o propuxo para candidato á alcaldía. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do comité revolucionario de Compostela que non puido impedir a toma da cidade polas tropas franquistas. Detido, foi internado no campo de concentración de Iria-Padrón.

Despois da súa liberación participou na clandestinidade como delegado no plenario rexional da CNT galega en 1945, e ao ano seguinte foi tesoureiro do Comité rexional. Coa caída da organización galega da CNT en marzo de 1947, fuxiu. Foi reclamado polo Xulgado Militar de Vigo en xullo de 1947.[5] Permaneceu agochado ata maio de 1949, cando foi detido o día 3 nunha horta da rúa da Angustia de Compostela,[6] e condenado a cinco anos de prisión.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Compostela con Rosalía Míguez en 1928.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 10-4-1924, p. 2.
  2. El Eco de Santiago, 12-4-1924, p. 1.
  3. El Eco de Santiago, 30-1-1926, p. 2.
  4. El Compostelano, 11-5-1933, p. 1.
  5. La Voz de Galicia, 10-8-1947, p. 2.
  6. La Voz de Galicia, 4-5-1948, p. 4.
  7. El Compostelano, 16-8-1928, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]