Docetismo
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O docetismo é unha doutrina herética aparecida a finais do século I no seo da Igrexa Católica. Afirmaba que Xesucristo tivera unha imaxe aparente e polo tanto non corpórea ou real. A xustificación era que a materia é algo intrinsecamente malo, polo que Xesucristo só podía ter un corpo aparente. Esta doutrina polo tanto é contraria á Encarnación e á Resurrección de Cristo. Deu lugar a grandes polémicas no cristianismo primitivo e foi combatida xa dende entón por figuras sobranceiras como Ignacio de Antioquía. Os gnósticos eran docetas.
Parte da herexía dos cátaros era docética. Esta herexía rematou coa Cruzada Albinxense.
O Corán afirma que a crucifixión de Xesús de Nazareth só foi un espellismo. Para o Islam un profeta tan excelso non podía morrer na cruz.