Dnepr (foguete)
Un Dnepr despegando. |
|
| Función | Lanzador espacial lixeiro |
|---|---|
| Tamaño | |
| Altura | 34,30 m[1] |
| Diámetro | 3,0 m[1] |
| Masa | 208.900 kg[1] |
| Etapas | 3[1] |
| Capacidade | |
| Carga útil a LEO | 4500 kg[1] |
| Historia de lanzamentos | |
| Estado | En uso[1][2] |
| Sitios de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur, Dombarovsky |
| Total de lanzamentos | 17 |
| Éxitos | 16 |
| Fallos | 1 |
| Voo inaugural | 21 de abril de 1999[1][2] |
| Último voo | 17 de agosto de 2011[1][2] |
Dnepr é un foguete espacial ruso/ucranio en servizo desde 1999.[1][2]
Índice |
Características[editar]
O foguete Dnepr está basado no mísil balístico intercontinental soviético R-36. Tra-la firma do tratado de desarme START-2 ideouse unha maneira de sacar partido comercial a 150 R-36M que deberían ter sido desmantelados antes de 2007. Tras varios estudos decidiuse usar os mísiles como lanzadores sen apenas modificalos e sendo lanzados desde os seus propios silos, tanto desde o cosmódromo de Baikonur como desde a base de Dombarovsky.[1][2]
Dnepr pode lanzar unha carga individual, ou múltiples mediante un dispensador, a órbitas baixas cunha inclinación de 50,5, 64,5, 87,3 ou 98 graos. O foguete usa un método de "lanzamento en frío": unha carga explosiva situada na base do mísil lanza o mísil a varios metros sobre o solo desde o seu silo, e unha vez no aire o motor foguete propiamente dito ponse en marcha.[1]
Historial de lanzamentos[editar]
| Voo[2][1] | Data[2][1] | Rampa de lanzamento[2][1] | Carga[2][1] | Resultado[2][1] | Notas[2][1] |
|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 21 de abril de 1999 | Rampa LC-109 do cosmódromo de Baikonur | UoSat 12 | Éxito | Primeiro voo dun Dnepr. |
| 2 | 26 de setembro de 2000 | Rampa LC-109 do cosmódromo de Baikonur | Meqsat 1, Unisat 1, SaudiSat 1a, SaudiSat 1b, Tiungsat 1 | Éxito | |
| 3 | 20 de decembro de 2002 | Rampa LC-109 do cosmódromo de Baikonur | Rubin 2, Unisat 2, SaudiSat 1c, LatinSat A, LatinSat B, TrailBlazer-2001-Dummy | Éxito | |
| 4 | 29 de xuño de 2004 | Rampa LC-109 do cosmódromo de Baikonur | DEMETER, SaudiSat 2, SaudiComsat 1 e 2, LatinSat C, LatinSat D, Amsat-Echo, Unisat 3 | Éxito | |
| 5 | 23 de agosto de 2005 | Rampa LC-109 do cosmódromo de Baikonur | OICETS, INDEX, Turkmenistan Memorial Capsule | Éxito | |
| 6 | 12 de xullo de 2006 | Rampa LC-370 da base de Dombarovsky | Genesis 1 | Éxito | |
| 7 | 26 de xullo de 2006 | Rampa LC-109 do cosmódromo de Baikonur | Belka 1, Baumanets 1, Unisat 4, PicPot, Cubesat-Combo 1 | Fallo | Un fallo na primeira etapa impediu á carga alcanzar órbita. |
| 8 | 17 de abril de 2007 | Rampa LC-109 do cosmódromo de Baikonur | Egyptsat 1, Saudisat 3, SaudiComsat 3, 4, 5, 6 e 7, Cubesat-Combo 2 | Éxito | |
| 9 | 15 de xuño de 2007 | Rampa LC-109 do cosmódromo de Baikonur | TerraSAR-X | Éxito | |
| 10 | 28 de xuño de 2006 | Rampa LC-370 da base de Dombarovsky | Genesis 2 | Éxito | |
| 11 | 29 de agosto de 2008 | Rampa LC-109 do cosmódromo de Baikonur | RapidEye 1, 2, 3, 4 e 5 | Éxito | |
| 12 | 1 de outubro de 2008 | Rampa LC-370 da base de Dombarovsky | THEOS | Éxito | |
| 13 | 29 de xullo de 2009 | Rampa LC-109 do cosmódromo de Baikonur | DubaiSat 1, Deimos 1, UK-DMC 2, Nanosat 1B, AprizeSat 3 e 4 | Éxito | |
| 14 | 8 de abril de 2010 | Rampa LC-109 do cosmódromo de Baikonur | CryoSat 2 | Éxito | |
| 15 | 15 de xuño de 2010 | Rampa LC-370 da base de Dombarovsky | Picard, PRISMA, BPA 1 | Éxito | |
| 16 | 21 de xuño de 2010 | Rampa LC-109 do cosmódromo de Baikonur | TanDEM-X | Éxito | |
| 17 | 17 de agosto de 2011 | Rampa LC-370 da base de Dombarovsky | Sich 2, NigeriaSat 2, NX, RASAT, EDUSAT, AprizeSat 5 e 6, BPA 2 | Éxito | Último voo dun Dnepr. |
Notas[editar]
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 "Dnepr" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/lvs/dnepr.htm. Consultado o 14 de xullo de 2012.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 "Dnepr" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_lau/dnepr.htm. Consultado o 14 de xullo de 2012.