OICETS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OICETS / Kirari
Tipo Comunicacións / experimental
Organización JAXA
Data de lanzamento 23 de agosto de 2005, 21:10 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Dnepr[2][5]
Sitio de lanzamento Cosmódromo de Baikonur[2][6]
Obxectivo da misión Demostración tecnolóxica de comunicacións ópticas.[2][6]
NSSDC ID 2005-031A
Masa 600,0 kg[5][2]
Semieixo maior 6961 km[1]
Inclinación 98,1 graos[1]
Apoapse 605,0 km[1]
Periapse 576,9 km[1]

OICETS (acrónimo de Optical Inter-orbit Communications Engineering Test Satellite), rebautizado tras o lanzamento como Kirari, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 23 de agosto de 2005 mediante un foguete Dnepr desde o Cosmódromo de Baikonur.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

OICETS foi un satélite de comunicacións experimental lanzado para probar a comunicación óptica, mediante láser, entre satélites en órbita, separados miles de quilómetros entre eles. Para elo levaba a bordo o instrumento LUCE (Laser-Utilizing Communications Equipment), consistente nun pequeno telescopio duns 25 cm de diámetro, que funcionaba como transmisor e receptor para establecer contaco co satélite de comunicacións experimental europeo Artemis, a máis de 30.000 km de distancia. OICETS estudou o efecto das vibracións sobre o apuntado do láser, que tiña que ter unha precisión de milésimas de grao.[6][5][2]

OICETS foi deixado de usar o 24 de setembro de 2009, moito despois do ano inicialmente previsto de vida para o satélite.[5][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "OICETS" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=28809. Consultado o 9 de maio de 2013.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "OICETS" (en inglés). 27 de marzo de 2013. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2005-031A. Consultado o 9 de maio de 2013.
  3. (PDF) Note verbale dated 13 February 2006 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General. 5 de marzo de 2008. http://www.unoosa.org/oosa/showDocument.do?is_reg_doc=true&doc_uid=1540&obj_uid=6540.
  4. "OICETS / Kirari" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-2005.html#OICETS. Consultado o 9 de maio de 2013.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "OICETS (Kirari)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2013. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/oicets.htm. Consultado o 9 de maio de 2013.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Kirari" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/kirari.htm. Consultado o 9 de maio de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]