Dieter Raab

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDieter Raab
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1938
Morte20 de decembro de 2015
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Alemán
Actividade
Campo de traballoComercio numismático
Premios
2014: Premio Otto Paul Wenger.


Dieter Raab, nado en Steinhöring o 11 de decembro de 1938 e finado o 20 de decembro de 2015, foi un numismático alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dieter Raab naceu en Steinhöring, preto de Múnic, o 11 de decembro de 1938, aínda que se criou en Stuttgart, onde o seu pai era propietario dun club de jazz. Xa na súa infancia, despertouse a súa afección polo coleccionismo de moedas.[1][2][3][4]

Durante os seus estudos de Administración de Empresas fixo algún traballo estival na compañía de comercio numismático Münzen und Medaillen AG en Basilea,[1][4] e posteriormente logrou un posto na empresa como axudante de Erich B. Cahn.[2][3]

En asociación con Peter Shulten, en 1967 fíxose cargo da casa de poxas numismáticas Dr. Busso Peus & Co., en Frankfurt, que mantivo o seu nome dado o seu prestixio. En 1973 Shulten pasou a ser o seu propietario único e en 2007 transferiulle a xestión da empresa ao seu fillo Cristoph Raab.[1][2][3][4][5]

No ámbito asociativo e institucional, Raab foi representante do comercio numismático na Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña desde 1972 ata 2006.[4][6] Tamén forma parte da Sociedade Numismática Alemá,[1] da Asociación de Comerciantes de Moedas de Alemaña e da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais.[2]

Dieter Raab finou o 20 de abril de 2015 aos 77 anos.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Albert, R. (2014). "Personalia: Dieter Raab zum 75. Geburtstag". En Numismatisches Nachrichtenblatt. 2/2014.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Raab, Dieter". En Coins Weekly. 23 de decembro de 2015.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Kampmann, U. (2015).
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "21.12.2015 - Death of Dieter RAAB – Décès de Dieter RAAB (20.12.2015) Arquivado 04 de febreiro de 2023 en Wayback Machine.". International Association of Proffesional Numismatists (IAPN-AINP).
  5. "50 years of Dr. Busso Peus Nachf. - 10 years with Christoph Raab as manager". En Coins Weekly. 23 de agosto de 2017.
  6. Kluge, B. (2015). "Dieter Raab (1938-2015)". Numismatische Kommission der Länder. 21 de decembro.
  7. "Otto Paul Wenger-Preis". Numis Post (www.numis-online-ch).
  8. "Dieter Raab mit Otto Paul Enger Preis geehrt". En Münzen Woche. 10 de xullo de 2014.