Deux ans de vacances

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dous anos de vacacións
Dwalat 01.jpg
Título orixinal Deux ans de vacances
Autor Jules Verne
País Francia
Lingua francés
Xénero(s) Novela, Aventuras
Editorial Hetzel
Data de pub. 1888
ISBN ISBN 970-07-3909-0

Deux ans de vacances é unha novela escrita polo francés Jules Verne que foi publicada no 1888. A historia trata sobre un grupo de nenos, abandonados nunha illa deserta, que se organizan para sobrevivir.

Argumento[editar | editar a fonte]

Mapa da Illa Chairman

Un grupo de escolares do colexio Chairman de Auckland (Nova Zelandia) parten a bordo da goleta Sloughi nun viaxe de fin de curso. Un furacán provoca que o barco naufrague a centos de millas do seu país e que os seus pasaxeiros (todos nenos) arriben a unha illa deserta do Pacífico á que chamarán illa Chairman (Illa Hanover). Así, a obra discorre entre as aventuras dos nenos e os seus intentos de supervivencia nun paraxe inhóspito e solitario.

A maioría destes nenos son de orixe inglés, aínda que Briant e Santiago son franceses, e Gordon, dos Estados Unidos.

A chegada doutros náufragos á illa, asasinos que masacraran ó capitán e á tripulación do barco no que navegaban que quedou destruído nun incendio e puideron arribar á illa nunha chalupa do barco Severn. No barco, liderados por Walston a cuadrilla tiña como reféns a Evans, o contramestre do barco e a Kate unha das tripulantes. Os asasinos poñen en perigo a vida dos pequenos colonos asentados dende xa fai tempo na illa e xa practicamente sen esperanzas de regresar.

Os rapaces xunto a Kate e Evans reconstrúen a chalupa e logran facerse á mar, son avistados polo transatlántico Grafton que marchaba rumbo a Australia e leva ós nenos ata Auckland.

Notas[editar | editar a fonte]