Departamento de Paysandú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización no Uruguai

Paysandú é un departamento uruguaio. A súa capital é a cidade de Paysandú.

Áchase no litoral oeste da república, limitando polo norte co departamento de Salto, polo sur co departamento de Río Negro, polo leste co departamento de Tacuarembó e polo oeste con Arxentina, estando polo medio o río Uruguai.