Departamento de Islas de la Bahía
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Islas de la Bahía é un dos 18 departamentos nos que se divide a República de Honduras. A capital departamental é Coxen Hole, na illa de Roatán.
En total o departamento ten unha superficie de 261 km² e, no 2005, tiña unha poboación estimada de 43.018 habitantes. Pódese debullar xeograficamente en tres grupos de illas:
- As Illas da Bahía, que comprenden as tres illas principais, Roatán, Guanaja e Útila, e numerosas outras illas, localizadas no centro.
- Os Caios Cochinos, localizados no sur.
- As Illas do Cisne (en inglés Swan Islands), localizadas no norte.
[editar] Municipios
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |