Departamento de Choluteca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Honduras map, HN-CH.svg

Choluteca é un dos 18 departamentos nos que se divide a República de Honduras, e é o máis meridional desta. Limita polo norte cos departamentos de Francisco Morazán e El Paraíso, polo oeste co Golfo de Fonseca e o departamento de Valle, e polo leste e sur coa veciña Nicaragua.

Ten unha superficie total de 4360 km2. A súa poboación é de aproximadamente 395.000 habitantes. Conta con moitos terreos que son utilizados para a agricultura, a pesca, azucareiras, camaroneiras, etc. A cabeceira do departamento é a cidade de Choluteca, que é atravesada polo río Choluteca que cruza o departamento.

Historia[editar | editar a fonte]

Choluteca foi un dos sete departamentos orixinais nos que se dividiu Honduras despois da súa independencia, en 1825, aínda que as súas fronteiras mudaron no transcurso da historia. En 1843 adheriuse ao seu territorio o distrito de Guascorán, até daquelas parte de Comayagua. En 1893 desprendeuse da súa parte máis occidental, coa creación do departamento de Valle.

Municipios[editar | editar a fonte]

  1. Apacilagua
  2. Choluteca
  3. Concepción de María
  4. Duyure
  5. El Corpus
  6. El Triunfo
  7. Marcovia
  8. Morolica
  9. Namasigue
  10. Orocuina
  11. Pespire
  12. San Antonio de Flores
  13. San Isidro
  14. San José
  15. San Marcos de Colón
  16. Santa Ana de Yusguare

Véxase tamén[editar | editar a fonte]