Departamento de Atlántida
O departamento de Atlántida é un dos 18 departamentos que conforman a República de Honduras.
Está localizado no sector setentrional do país. Limita polo norte co mar Caribe, onde se acha o departamento de Islas de la Bahía; polo sur co departamento de Yoro; polo leste co departamento de Colón e polo oeste co departamento de Cortés.
Ten como cabeceira departamental a cidade portuaria de La Ceiba, a terceira cidade máis importante do Estado, despois de Tegucigalpa e San Pedro Sula.
Índice |
[editar] Historia
O departamento foi creado oficialmente en 1902, desde territorios pertencentes a Colón, Cortés e Yoro. Durante 1910 a poboación do departamento era de 11.370 habitantes, destacando a localidade de La Ceiba, debido a que ademais de ser a capital, contaba cunha gran poboación activa.
[editar] Xeografía
Atlántida presenta dúas rexións diferenciadas, unha cha e outra montañosa. A primeira esténdese a carón da costa caribeña, formando amplas praias, e ten como accidente costeiro máis notable a Baía de Tela, cuxos extremos son as puntas Sal, no oeste, e Izopo, no leste. A rexión montañosa comprende a Serra Nombre de Dios, onde se alza o Pico Bonito, o punto máis alto do departamento.
O clima é tropical chuvioso na chaira costeira, e o sistema hidrolóxico esta conformado polos ríos Ulúa, Leán, Cangrejal, Danto, Cuero, Salado, Papaloteca e San Juan.
[editar] Demografía
A poboación do departamento, a pesar da importante concentración urbana en La Ceiba, é maioritariamente rural. A poboación dominante é ladino e conta na costa con varias comunidades garífunas.
A principal fonte de ingresos do departamento é a agricultura, a industria e o comercio, estes últimos concentrados principalmente en La Ceiba. Tamén cabe destacar a minería non metálica e a crecente industria do turismo.
O departamento tamén conta cunha óptima rede vial, que inclúe estradas pavimentadas, ferrocarril, os portos de La Ceiba e Tela, e o Aeroporto Internacional de Golosón en La Ceiba.
[editar] Educación
O departamento de Atlántida ten unha taxa de analfabetismo do 14,2 e un promedio de 5,2 anos de estudo.[1]
[editar] Municipios
| Municipios do departamento de Atlántida | |||
| No. | Municipio | Cabeceira | Poboación (2001)[2] |
| 1 | Arizona | Arizona | 19.660 |
| 2 | El Porvenir | El Porvenir | 14.437 |
| 3 | Esparta | Esparta | 15.486 |
| 4 | Jutiapa | Jutiapa | 27.472 |
| 5 | La Ceiba | La Ceiba | 127.590 |
| 6 | La Masica | La Masica | 22.682 |
| 7 | San Francisco | San Francisco | 10.683 |
| 8 | Tela | Tela | 77.031 |
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
|
|||||