Departamento de Cortés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Honduras map, HN-CR.svg

Cortés é un dos 18 departamentos nos que se divide a República de Honduras, localizado na zona norte desta. Este departamento ocupa o primeiro lugar no país en canto ao número de habitantes, e é tamén onde se concentra a maior parte da actividade industrial de país. Ten unha superficie de 3.954 km² e, no 2005, tiña unha poboación estimada de 1.365.497 habitantes. A capital departamental é San Pedro Sula.

O departamento recibiu este nome polo conquistador español Hernán Cortés, quen chegou a Honduras en 1525 e foi quen orixinalmente organizou a conquista da rexión.

Historia[editar | editar a fonte]

O departamento de Cortés foi creado o 4 de xullo de 1893 polo presidente Domingo Vásquez. Este novo departamento naceu de partes do departamento de Santa Bárbara e Yoro.

Coa chegada dos españois, este territorio foi un dos primeiros sitios de Honduras en ser conquistado. En 1536 Pedro de Alvarado fundou a cidade de San Pedro de Puerto Caballos no val de Choloma. Esta cidade é actualmente a cabeceira departamental e a capital industrial e cidade máis grande de Honduras.

Antes fora fundada a cidade de Puerto Cortés baixo o nome de Puerto Caballos en 1524, por Hernán Cortés. Co paso do tempo, Puerto Cortés converteuse no porto máis importante de Honduras.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía de Cortés esta centrada principalmente en San Pedro Sula e Puerto Cortés, que son as dúas cidades máis importantes de Cortés, xa que Puerto Cortés ten o porto máis importante de Centroamérica e San Pedro Sula está considerada a "Capital Industrial" de Honduras e é nesta cidade onde se desenvolve a maior parte da economía do país .

A presenza de maquiladoras estimula unha migración interna cara o departamento. Tamén esta migración interna está asociada a unha emigración cara México e Estados Unidos.

Municipalidades[editar | editar a fonte]

Municipio Superficie Poboación Aldeas Caseríos Feira Patronal
San Pedro Sula 1,009.5 km² 1,300,000 hab. 69 130 29 de xuño
Puerto Cortés 391.2 km² 200,000 hab. 37 66 10-17 de agosto
Choloma 471.1 km² 260,000 hab. 45 114 11 de febreiro
La Lima 116 km² 60,000 hab. 26 76 30 de agosto
Omoa 382.8 km² 30,000 hab. 26 76 30 de marzo
San Manuel 138.8 km² 30,000 hab. 7 30 16-22 de setembro
San Antonio de Cortés 227.1 km² 20,000 hab. 15 66 13 de xuño
San Francisco de Yojoa 96.8 km² 25,000 hab. 10 15 4 de outubro
Potrerillos 88.3 km² 25,000 hab. 10 26 29 de setembro
Pimienta 61.0 km² 15,000 hab. 3 15 5 de agosto
Santa Cruz de Yojoa 725.6 km² 65,000 hab. 45 159 3 de marzo
Villanueva 361.8 km² 80,000 hab. 20 66 24 de agosto