Denis Ménochet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDenis Ménochet

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Enghien-les-Bains, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónActing International (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor , actor de cinema , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1616970 Allocine: 178367 Allmovie: p561899 Editar o valor em Wikidata

Denis Ménochet, nado en Enghien-les-Bains, Val d'Oise o 18 de setembro de 1976, é un actor de cine e televisión francés. Fíxose coñecido internacionalmente en 2009 polo personaxe Perrier LaPadite, un labrego francés interrogado por un funcionario nazi por ocultar xudeus, na película Inglourious Basterds, de Quentin Tarantino.

Elizabeth Weitzman, crítica de cine do New York Daily News, eloxiou o traballo de Ménochet, que apareceu xunto ao actor Christoph Waltz na secuencia inicial do filme de Tarantino.[1] Segundo ela, "A espléndida apertura, por exemplo, mostra unha sarabiada de balas. O que mellor recordarás, con todo, é o silencio embruxado do actor Denis Ménochet, interpretando a un granxeiro francés acusado de albergar xudeus."[2]

En 2022 interpretou en As bestas ao francés Antoine Denis, personaxe baseado no caso real do holandés Martin Verfondern, que inspirou tamén o documental Santoalla.[3] Por esa interpretación, na 37 edición dos Premios Goya, en febreiro de 2023, recibiu o Goya á mellor interpretación masculina protagonista.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ikx, Adam (23 de maio de 2009). "Denis Menochet, la révélation française d'Inglourious Basterds : "Pour me préparer, j'ai passé un mois à couper du bois !"". purepeople.com (en francés). Consultado o 31 de decembro de 2022. 
  2. "'Inglourious Basterds': Quentin Tarantino grows up in bloody movie with more humanity than shock" (en inglés). 20 de agosto de 2009. Consultado o 28 de marzo de 2016. 
  3. "Quen eran os protagonistas da historia real que inspirou «As Bestas»". La Voz de Galicia. 2022-12-20. Consultado o 2022-12-30. 
  4. Redacción (12 de febreiro de 2023). "'As Bestas' arrasa nos Premios Goya con nove galardóns". nosdiario.gal. Consultado o 12 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]