David Gulpilil
| David Gulpilil | |
|---|---|
David Gulpilil no 2006 |
|
| Nacemento | David Gulparil Gulpilil 1 de xullo de 1953 Maningrida, Terra de Arnhem, Territorio do Norte, |
| Profesión | Actor (1971-2010) |
| Cónxuxe(s) | Robyn Djunginy (?-2003) Miriam Ashley (2004-presente) |
| Páxina web oficial | |
| Ficha na IMDb | |
David Gulpilil Ridjimiraril Dalaithngu (Gurlpilil tamén é lingüisticamente correcta aínda que ás veces tamén aparece nos créditos como David Gumpilil), nado o 1 de xullo de 1953 Maningrida, Terra de Arnhem, Territorio do Norte, é un actor australiano de ascendencia aborixe. O seu primeiro papel nun filme foi en Walkabout.
Índice |
Biografía [editar]
É un home Yolngu do grupo lingüístico Mandhalpuyngu. Cando era novo era un cumprido cazador, rastrexador, e bailarín cerimonial. A diferencia de moitos aborixes australianos da súa xeración, Gulpilil foi criado ó xeito tradicional sen influencias da cultura anglo-australiana. Tamén asistiu á escola da misión de Maningrida, Terra de Arnhem, mais cando acadou a idade axeitada, foi iniciado no grupo tribal dos Mandhalpuyngu. Despois de aparecer no seu primeiro filme, engadiu o inglés ás varias linguas tribais das que xa era un falante fluído.[1]
Filmografía [editar]
- Walkabout (1971)
- Mad Dog Morgan (1976)
- Storm Boy (1976), Fingerbone Bill
- The Last Wave (1977), Chris Lee
- The Right Stuff (1983)
- "Crocodile" Dundee (1986), Neville Bell
- Until the End of the World (1991)
- Serenades (2001)
- Rabbit-Proof Fence (2002), Moodoo
- The Tracker (2002)
- The Proposition (2005)
- Ten Canoes (2006)
- Crocodile Dreaming (2007)
- Australia (2008), King George
Notas [editar]
- ↑ Arquivo Nacional de Australia 2008 http://.naa.gov.au/print_display.aspx?ObjectType=SingleRecordPrint&irecordid=1044.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en inglés)
- Ficha na IMDb (en inglés)