Rabbit-Proof Fence (filme)
| Rabbit-Proof Fence | |
|---|---|
| Título orixinal | Rabbit-Proof Fence |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Phillip Noyce |
| Produtor | Phillip Noyce Christine Olsen John Winter |
| Guión | Christine Olsen |
| Baseado en | Follow the Rabbit-Proof Fence de Doris Pilkington Garimara |
| Intérpretes | Everlyn Sampi Kenneth Branagh David Gulpilil |
| Música | Peter Gabriel |
| Fotografía | Christopher Doyle |
| Montaxe | Veronika Jenet John Scott |
| Estudio | HanWay Films |
| Distribuidor | Miramax Films |
| Ano | 2002 |
| Duración | 93 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama |
| Orzamento | $6.000.000 |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Rabbit-Proof Fence é un filme australiano dirixido por Phillip Noyce que foi estreado no 2002. Está baseado no libro Follow the Rabbit-Proof Fence de Doris Pilkington Garimara, que conta a historia real da nai da autora, e doutras dúas nenas aborixes mestizas, que despois de seren arrebatadas ás súas familias polo goberno, regresaron elas soas ó seu fogar recorrendo centos de quilómetros.
Índice |
Argumento [editar]
Ano 1931, Australia. Molly Craig (Everlyn Sampi) é unha nena que foxe coa súa irmá pequena e coa súa curmá, as tres mestizas de aborixes australianos, dunha institución gobernamental creada para formar ás nenas como empregadas domésticas ó servizo da sociedade branca australiana. Armada de gran coraxe e determinación, Molly guía ás pequenas dende Moore River ata Jigalong seguindo o valado contra os coellos que atravesa o oeste de Australia. Vivirán unha auténtica odisea percorrendo as 1.500 millas que as separan do seu fogar.
Personaxes [editar]
- Everlyn Sampi como Molly Craig
- Kenneth Branagh como A.O. Neville
- David Gulpilil como Moodoo
- Tianna Sansbury como Daisy Craig Kadibill
- Laura Monaghan como Gracie Fields
- Jason Clarke como Constable Riggs
- Ningali Lawford como Maud
- Myarn Lawford como Avoa de Molly
- Deborah Mailman como Mavis
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 2002: Premio do público no Festival Internacional de Cine de Edimburgo.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)