David Galeano Olivera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDavid Galeano Olivera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de febreiro de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Asunción, Paraguai Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeParaguai Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional de Assunção (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropólogo , lingüista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua guaraní Editar o valor em Wikidata

David Abdón Galeano Olivera, nado en Asunción o 18 de febreiro de 1961, é un lingüista, antropólogo, filólogo, tradutor e educador paraguaio. É tamén o presidente e fundador do Ateneno de Lingua e Cultura Guaraní.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Galeano Olivera é fundador do Ateneo de Lingua e Cultura Guaraní en 1985 e é o presidente desta institución dende entón. É un activista da lingua e a cultura guaranís. Organizou diversos eventos, conferencias, seminarios, foros sobre o guaraní en Paraguai. É membro de diversas comisóns da Universidade Nacional de Asunción, así como utor de moitos libros sobre a cultura guaraní e paraguaia. En 2005,[1] axudou a crear a Wikipedia en guaraní grazas á colaboración co lituano Šarūnas Šimkus.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Mbo’ehao arapapaha Guarani ha España ñe’ême - Calendario Escolar Bilingüe (1988)
  • Jakavere ypykue (15 káso ñemombe’u) (1989)
  • Guarani Rayhupápe mbohapyha (1995)
  • Guarani Rayhupápe irundyha (1995)
  • Differencias gramaticales entre el Guarani y el Castellano: estudio contrastivo, y su incidencia en la educación (1999)
  • Káso Ñemombe’u (1999)
  • Antropología – Avakuaaty (2002)
  • Guarani Ñe’êkuaaty – Lingüística (en) Guarani (2002)
  • Sentimientos - Temiandu Pytu (2002)
  • Pukarâmeme (2007)
  • Pukarântevoi (2007)

Tamén escribe artigos en xornais e revistas, e ensaios para conferencias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Co.wiki
  2. "Wikipedia en lengua guaraní". Café Historia. Consultado o 2 de setembro de 2018.  (en castelán)