Daniel Tarone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniel Tarone
Información persoal
Nome Daniel Tarone
Nacemento 26 de outubro de 1975
Lugar de nacemento Schlieren
Altura 1,77 m.
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1993–1999 FC Zürich
1999–2000 FC Aarau
2000–2001 AC Bellinzona
2001–2002 FC Aarau
2002–2004 FC Zürich
2004–2005 FC Zürich 28 (3)
2005–2007 FC Schaffhausen 63 (6)
2007–2009 FC Aarau 24 (2)
2009 FC Baden
2009–2011 FC Wohlen
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Daniel Tarone, nado o 26 de outubro de 1975 en Basilea, é un exfutbolista suízo, de orixes galega e italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Suíza, sendo fillo dun italiano e dunha galega do Saviñao.[1]

Comezou a súa carreira en 1993 no FC Zurich, onde militou durante seis anos. En 1996 chegou a Santiago de Compostela para poñerse a proba durante un par de semanas co Compostela, da Primeira División. Con todo, acabou regresando a Zürich.

Despois pasou polo FC Aarau, o AC Bellinzona e de novo o Aarau, antes de regresar en 2002 ao FC Zurich. Xogou en Zúric outros tres anos antes de fichar polo FC Schaffhausen. Cando este descendeu á segunda división dous anos despois, regresou ao FC Aarau. Nos seus últimos anos de carreira xogou no FC Baden e no FC Wohlen, onde colgou as botas en 2011.

Trala súa retirada dedicouse a labores técnicas e foi asistente dos adestradores Jeff Saibene e Josef Zinnbauer no FC St. Gallen.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Daniel Tarone, centrocampita suizo, estará a prueba durante quince días". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 28 de maio de 1996. p. 49. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]