Daniel Sánchez Arévalo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniel Sánchez Arévalo, nado en Madrid o 24 de xuño de 1970, é un guionista e director de cine español.
Índice |
[editar] Traxectoria
Comezou a súa traxectoria como guionista de televisión traballando en series como Hermanas, Ellas son así ou Abogados. Posteriormente dirixiu varias curtametraxes e seguiu participando en proxectos televisivos escribindo algúns capítulos para series coma Hospital Central ou Lobos.
No ano 2006 rodou a súa primeira longametraxe, titulada AzulOscuroCasiNegro e protagonizada por Antonio de la Torre, Quim Gutiérrez e Marta Etura entre outros e que acadou un gran éxito, recibindo premios coma os Goyas á mellor direción novel e ós mellores actores revelación e secundario.
[editar] Filmografía
[editar] Como director
- ¡Gol! (2002)
- Exprés (2003)
- Profilaxis (2003)
- La Culpa del alpinista (2004)
- Física II (2004)
- AzulOscuroCasiNegro (2006)
- Traumalogía (2007)
[editar] Como guionista
- Querido maestro (1997)
- Hermanas (1998)
- Ellas son así (1999)
- Abogados (2001)
- ¡Gol! (2002)
- Hospital central (2003)
- Exprés (2003)
- Profilaxis (2003)
- Gris (2003), de Álex Montoya e Raúl Navarro.
- Domingos (2003), de Vicente Pérez.
- La Culpa del alpinista (2004)
- Física II (2004)
- Lobos (2005)
- AzulOscuroCasiNegro (2006)
- Traumalogía (2007)