Daniel Pennac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daniel Pennac

Daniel Pennac, alcume de Daniel Pennacchioni, nado en Casablanca en 1944, é un escritor francés nado en Marrocos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia militar, pasou a infancia en diversos países de África e do sureste asiático e a mocidade en Niza, onde se graduou en letras e deveu mestre. Comezou escribindo literatura infantil, e máis tarde adquiriu popularidade grazas á saga en torno á familia Malaussène, unha serie de novela negra. Escribiu tamén outro xénero de novelas así como ensaios de corte social. En galego está publicado o seu libro Como unha novela, que trata o tema dos dereitos do lector.

En 2007 recibiu o Premio Renaudot pola súa obra Chagrin d'Ecole (tamén traducida ao galego como Mal de escola, publicada en Xerais).