Daniel Fernández Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDaniel Fernández Varela
Biografía
Nacemento1894 Editar o valor em Wikidata
Carteire, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de decembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntelegrafista , sindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Daniel Fernández Varela, nado en Mencide (Carteire, Palas de Rei) en 1894 e finado na Coruña o 24 de decembro de 1958, foi un telegrafista e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou en Telégrafos en 1923 e foi destinado en Madrid. En 1929 trasladárono a Corcubión como celador e asentouse en Cee. Coa proclamación da República, foi elixido presidente do sindicato de Oficios Varios de Cee vinculado á UGT, e foi un dos promotores da Casa del Pueblo de Cee. En xullo de 1935 foi denunciado anónimamente por supostas actividades políticas xunto cos seus compañeiros de Telégrafos de Corcubión, Arturo Romaní Mariño e Antonio Barcala Alonso. Despois trasladouse a Santiago de Compostela e en abril de 1936 a Coruña[1]. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo en agosto e depurado do seu posto de traballo en Telégrafos. Trasladouse a Mencide para dedicarse á agricultura. Nos anos corenta foi acusado de colaborar coa guerrilla de Ramón Rodríguez Varela "Curuxás" e intentaron detelo en febreiro de 1946; Daniel logrou fuxir e permaneceu agochado case tres meses en distintos domicilios de Carteire. Despois trasladouse a Ligonde onde permaneceu ata agosto. Acompañado dun familiar, trasladouse a Coruña cunha identidade falsa (Manuel Varela Vila) e asentouse na cidade. Vendeu as terras da herdanza materna e abriu unha tenda na rúa Francisco Catoira. En 1957 acolleuse ao decreto para solicitar a rehabilitación e pedir a readmisión en Telégrafos. A solicitude foi denegada “por ter sido un destacado socialista”.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 1-4-1936, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]