Daniel Alejandro Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vidal
Información persoal
Nome Daniel Alejandro Vidal Pouse
Nacemento 1 de abril de 1967
Lugar de nacemento Colonia del Sacramento
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1985–1989 Peñarol
1989–1992 Las Palmas 113 (30)
1993–1994 Peñarol
1995 Independiente
1996 River Plate (Uruguai)
1996 Las Palmas 14 (0)
Na rede
UEFA: 100732 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Daniel Alejandro Vidal Pouse, tamén coñecido como Pollo Vidal, nado en Colonia, Uruguai, o 1 de abril de 1967, é un ex futbolista uruguaio, campión da Copa Libertadores en 1987 con Peñarol e un dos xogadores que participou no segundo quinquenio de ouro do equipo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 16 anos ingresou en Peñarol,[1] e tras subir ao primeiro equipo gañou con el os Campionatos Uruguaios de Primeira División de 1985 e 1986, así como a Copa Libertadores de 1987. En xaneiro de 1988 recalou no fútbol español para defender as cores da UD Las Palmas.[2] Disputou 128 encontros co club canario, anotando 35 goles. En mazo de 1992 rompeu o xeonllo nun partido contra o Málaga, poñendo fin á súa primeira etapa no club.[2]

Tras recuperarse volveu a Peñarol, co que conquistou outras dúas veces a Primeira División Uruguaia, e en 1995 fichou por Independiente, co que conquistou a Supercopa Suramericana.[2] En 1996 pasou polo River Plate de Montevideo, antes de volver a Canarias para pechar a súa carreira xogando de novo na UD Las Palmas.

Tras a súa retirada instalouse en Galicia coa súa familia.[1] Rexentou unha cafetería en Vigo xunto ao tamén exfutbolista Pepe Rey e foi técnico dos infantís do Nigrán CF.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Borrego, Manuel (9 de febreiro de 2009). "El charrúa aventurero" (en castelán). Consultado o 13 de abril de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Daniel Vidal hace 25 años" (en castelán). 3 de xaneiro de 2014. Consultado o 12 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]