I Now Pronounce You Chuck and Larry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
I Now Pronounce You Chuck and Larry
Título orixinal I Now Pronounce You Chuck and Larry
[[Ficheiro:{{{imaxe}}}|200px| ]]
Ficha técnica
Director Dennis Dugan
Produtor
Guión Barry Fanaro
Alexander Payne
Jim Taylor
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Adam Sandler
Kevin James
Jessica Biel
Dan Aykroyd
Ving Rhames
Steve Buscemi
Música
Fotografía
Montaxe
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor
Ano 2007
Duración 110 min.
País Estados Unidos
Xénero Comedia
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

I Now Pronounce You Chuck and Larry (en España Os declaro marido y marido) é un filme estadounidense do xénero comedia, protagonizado por Adam Sandler. O filme fai unha crítica sutil á actual situación dos homosexuais nos Estados Unidos, aínda que con moitos tópicos.[1] A Conferencia Católica de Bispos de EUA categorizouno de "Moralmente Ofensivo"."[2]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Chuck Levine (Adam Sandler) e Larry Valentine (Kevin James) son dous membros do Corpo de Bombeiros do Brooklyn, sendo tamén bos amigos. Chuck promételle calquera cousa a Larry por terlle salvado a vida un día no traballo, e Larry, viúvo, preocupado polos problemas legais de non dar feito que os seus fillos aparezan como beneficiarios do seu seguro de vida, decide pedirlle matrimonio a Chuck. Este, a pesar de ser moi mullereiro, acepta, mais despois, tense que ir vivir con Larry e aparentar que son homosexuais pois a súa unión está sendo investigada e poden acabar na cadea.

Elenco[editar | editar a fonte]

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • Este é o primeiro filme de Adam Sandler con David Spade desde Coneheads (1993).
  • David Spade fai un cameo no filme como bailarina travestí, tal como Tila Tequila, que aparece como empregada de restaurante Hooters.
  • Rob Corddry do Daily Show aparece como pastor protestando contra o casamento entre persoas do mesmo sexo. Ao contrario do seu traballo habitual, este é un papel non cómico.
  • O creador de TV Funhouse, Robert Smigel, aparece no filme como Ron o carteiro.
  • Jennifer Love Hewitt foi convidada para o papel de Jessica Biel neste filme, mais recusou debido a conflitos de axenda.
  • Alexander Payne e Jim Taylor escribiron o guión, o seu primeiro guión xuntos despois de teren gañado o Óscar de mellor guión adaptado polo filme Sideways de 2004.
  • O músico Dave Matthews aparece como vendedor afeminado no medio da película.
  • Os dous equipos de béisbol de Nova York aparecen ben representados no filme. Na vida real, Sandler e James son grandes adeptos dos Yankees e Mets, respectivamente.
  • Dan Patrick, comentador deportivo veterano, aparece no filme no papel dun dos policías de Nova York.
  • O libro que Adam Sandler lle le aos fillos de Larry, The Puppy Who Lost His Way, tamén aparece en Billy Madison (1995).
  • Diversos segmentos presentados nas estreas foron retirados no filme final para obter clasificación PG-13.
  • Lance Bass aparece no final do filme cantando.
  • Kevin James dixo no programa de televisión Tonight Show with Jay Leno que o filme foi baseado nun incidente semellante dun bombeiro de Filadelfia.
  • Este é o segundo filme no que Adam Sandler fai de bombeiro. O outro foi Mr. Deeds (2002), no cal é bombeiro voluntario en Mandrake Falls, New Hampshire.
  • O realizador Dennis Dugan fixo no pasado o papel dun mozo homosexual no filme Norman, Is That You? (1976).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]