Damián Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Damián
Información persoal
Nome Damián Rodríguez Sousa
Nacemento 17 de marzo de 2003
Lugar de nacemento Ponteareas
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Celta Fortuna
Número 6
Carreira xuvenil
–2022 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2020– Celta Fortuna 35 (3)
2022–2023 Gran Peña 10 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 2 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Damián Rodríguez Sousa, nado en Ponteareas o 17 de marzo de 2003, é un futbolista galego que xoga como centrocampista no Celta Fortuna, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira do Celta de Vigo, pasando polos equipos infantil, cadete e xuvenil do club. Na tempada 2020/21 debutou co Celta B nun partido da Segunda División B ante o Burgos no Plantío, substituíndo na segunda parte a Gabri Veiga. Durante a tempada 2022/23 compaxinou o Celta B co Gran Peña, subindo definitivamente ao primeiro filial para a campaña 2023/24.[1]

Notas[editar | editar a fonte]