Estadio Municipal de El Plantío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°20′39″N 3°40′50″O / 42.344167, -3.680556

Estadio Municipal de El Plantío
Datos
LocalizaciónBurgos, España
Construción
Inauguración13 de setembro de 1964
Estadio
SuperficieHerba natural
Dimensións105 x 70
Capacidade12.200
PropietarioConcello de Burgos
LocalíaBurgos

O Estadio Municipal de El Plantío é o estadio de fútbol da cidade de Burgos. Neste estadio disputa os partidos o equipo da cidade, o Burgos CF. Tamén é sede do Real Burgos.

Historia[editar | editar a fonte]

Sitúase a escasos metros do río Arlanzón. Forma parte do complexo deportivo máis importante da cidade, xunto a outras instalacións deportivas como a praza de touros, as piscinas municipais e o polideportivo.

O estadio ten as seguintes localidades de asento: - Fondo Norte - Fondo Sur - Tribuna - Lateral

Ten unha capacidade de 12.200 espectadores unha vez suprimidas as localidades de pé e á dotación do estadio de asentos no verán de 1991. As dimensións son de 105 x 70, converténdose nun dos campos máis grandes en superficie de xogo de España; chegando as bancadas a pé de campo.

Foi estreado oficialmente o 13 de setembro de 1964 nun partido de liga ante o Indautxu, sendo o resultado de 2-0 para o equipo burgalés. En 1977 engadíronselle os fondos norte e sur e en 1987 reformáronse os baixos e os vestiarios.

Partidos internacionais[editar | editar a fonte]

O Estadio Municipal de El Plantío nunca albergou partidos da selección española absoluta, en cambio si que acolleu 3 partidos da selección española sub-21:

Partidos amigables[editar | editar a fonte]

España sub-21 1–2 Inglaterra sub-21 18 de febreiro de 1987
Asistencia: 10.000
Árbitro: Joaquín Ramos Marcos (España)
Dadie Anotado no 62º minuto 62'
Rocastle Anotado no 75º minuto 75'
Cottee Anotado no 85º minuto 85'
 


España sub-21 0–1 Inglaterra sub-21 8 de setembro de 1992
Asistencia: 10.000
Árbitro: José Enrique Rubio Valdivieso (España)

Anderton Anotado no 83º minuto 83'
 

Partidos oficiais[editar | editar a fonte]

No estadio xogouse un partido de clasificación para a Eurocopa Sub-21 de 1998:


España 4–0 Chequia 7 de xuño de 1997
Asistencia: 10.000
Árbitro: Metin Tokat (Turquía)
Víctor Anotado no 16º minuto 16'
De Paula Anotado no 68º minuto 68'
Roger Anotado no 82º minuto 82' (pen.)
Felipe Anotado no 90º minuto 90'

 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]