Dalia García Couso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1985 (38 anos) Melide, España |
Alcaldesa | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | politicóloga |
Lingua | Lingua castelá |
Dalia García Couso, nada en Melide o 29 de setembro de 1985, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Ciencias Políticas pola USC, chegou a exercer como docente a partir de 2013 nesta universidade. En abril de 2010 foi elixida presidenta das Novas Xeracións do Partido Popular en Melide. Nas eleccións municipais de 2011 presentouse na candidatura do PPdeG en Melide no posto número 8 e foi elixida concelleira, ocupándose das áreas de Xuventude, Novas Tecnoloxías e Medios de Comunicación. Nas eleccións autonómicas de 2012 foi candidata a deputada polo PPdeG pola provincia da Coruña, ocupando o posto número 3 dos suplentes. Nas municipais de 2015 volveu repetir no número 8 da lista popular en Melide, sendo reelixida e mantendo as competencias da anterior lexislatura. En outubro de 2015, trala dimisión da alcaldesa Ánxeles Vázquez, foi elixida o día 17 nova alcaldesa na súa substitución.
Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG, a cal perdeu a maioría absoluta, polo que perdeu a alcaldía en favor de José Manuel Pérez Penas, de Adiante Melide[1], que formou goberno co PSdeG. Nese mandato foi elixida deputada provincial. Nas municipais de 2023 foi novamemte candidata do PPdeG, sen conseguir recuperala maioría absoluta, polo cal continuou na oposición.
Predecesor: Ánxeles Vázquez Mejuto |
Alcaldesa de Melide 2015 - 2019 |
Sucesor: José Manuel Pérez Penas |