DART

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DART
DART at Vandenberg AFB.jpg
Preparación de DART antes do lanzamento.
Tipo Demostrador tecnolóxico.
Fabricante
Organización NASA
Data de lanzamento 15 de abril de 2005, 18:25 UTC[1][2]
Foguete portador Pegasus XL[2][3]
Sitio de lanzamento Base Vandenberg das Forzas Aéreas[2]
Obxectivo da misión Demostrador tecnolóxico para técnicas de cita espacial automática.[2]
NSSDC ID 2005-014A
Masa 360 kg[2][4]
Semieixo maior 6907,6 km[1]
Inclinación 96,6 graos[1]
Apoapse 685,8 km[1]
Periapse 387,4 km[1]
Representación artística de DART (en primeiro plano) aproximándose a MUBLCOM.

DART (acrónimo de Demonstration for Autonomous Rendezvous Technology) é un satélite artificial da NASA lanzado o 15 de abril de 2005 desde a base Vandenberg das Forzas Aéreas mediante un foguete Pegasus XL lanzado desde un avión Lockheed L-1011 TriStar.

Características [editar]

DART foi un demostrador tecnolóxico deseñado para ensaiar e probar técnicas automáticas de cita espacial e manobrar arredor doutro satélite co fin de desenvolver métodos que permitan o uso futuro de naves reutilizables mediante o reaprovisionamento automático de propelente, o transporte autónomo de carga e outras posibilidades[3]. Neste caso, o satélite obxectivo foi o MUBLCOM.[2]

A misión deuse por fallida debido a un problema con DART cando estaba a 91 metros de MUBLCOM, provocando a colisión entre os dous satélites sen que ningún deles sufrira danos aparentes.[2][3]

Notas [editar]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "DART" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=28642. Consultado o 9 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "DART" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=2005-014A. Consultado o 9 de xaneiro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "DART" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/dart.htm. Consultado o 9 de xaneiro de 2012. 
  4. "DART" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/dart.htm. Consultado o 9 de xaneiro de 2012.