Día dos enganos
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
|
O día dos enganos ou día da mentira é unha tradición que ten lugar no primeiro día de abril. Consiste en dar noticias falsas para enviar as persoas onde non deben ir e outro tipo de brincadeiras.
Índice |
Orixe [editar]
A orixe deste día é controversa, mais a versión máis aceptada[Cómpre referencia] para explicar por que o 1 de abril é considerado o día dos enganos ten que ver coa Francia do século XVI. Naquel tempo, o Ano Novo era festexado no día 25 de marzo[Cómpre referencia], data marcaba o comezo da primavera. As festas duraban unha semana e terminaban no día 1 de abril.
No ano 1564, despois da adopción do calendario gregoriano, o rei Carlos IX de Francia determinou que o ano novo sería commemorado no día 1 de xaneiro. Algúns franceses resistíronse á mudanza e continuaron a guiarse polo calendario antigo, polo cal o ano comezaba no 1 de abril. Os máis brincallóns comezaron a ridiculizalos, a enviarlles regalos estraños e convites para festas inexistentes, brincadeiras coñecidas como plaisanteries.
Actualidade [editar]
Na actualidade o Día da Mentira é celebrado en multitude de países ao redor do mundo, entre os cales está a Galiza. Nos países de cultura anglosaxona é coñecido como April's Fools Day (día de abril dos parvos), e é costume que medios de comunicación e mesmo grandes empresas espallen novas falsas. En Italia, Francia e Belxica é coñecido como peixe de abril (pesce d'aprile en italiano, poisson d'avril en francés e aprilvis en neerlandés), e a tradición é facer bonecos de papel con forma de peixe e pegarllos á xente.
Na Galiza e nos países lusófonos existe o ditado No primeiro de abril van os burros onde non deben ir, que é costume dicir cando alguén cae nun dos enganos propios do día. Se ben é certo que a celebración do Día dos Enganos na Galiza estaba a desaparecer, substituído en parte pola tradición española do Día dos Santos Inocentes, vénse facendo un esforzo nestes últimos tempos para manter e reavivar a tradición.
Enganos en Galiza [editar]
2002 [editar]
- O Portal Galego da Língua publica a nova sobre unha nova normativa ortográfica para o galego baseada no alfabeto cirílico.[1]
2010 [editar]
2011 [editar]
- Memoria Pixelada anuncia o lanzamento de Wii-llarda, videoxogo para a Wii baseado no xogo da billarda.[3]
- O Xornal de Galicia publica a nova da dimisión de Anxo Lorenzo como secretario xeral de Política Lingüística.[4]
2012 [editar]
- Memoria Pixelada anuncia o lanzamento do videoxogo baseado na serie Matalobos.[5]
- O agregador de novas Chuza! anuncia que se candidatará ás Eleccións ao Parlamento Galego.[6]
2013 [editar]
- A AGAL anuncia o inicio dos trámites para se reconverter nun partido político.[7]
- Memoria Pixelada publica a nova de que a presentación oficial da nova PlayStation 4 terá lugar na Cidade da Cultura de Compostela.[8]
- Amigus publica a nova de que Ecclestone proxecta un circuíto urbano de F1 nas Pontes.[9]
Notas [editar]
- ↑ Umha proposta alternativa ao Reintegracionismo?
- ↑ Galiza terá o seu colisor de partículas
- ↑ Wii-llarda, o primeiro xogo galego para Wii
- ↑ A falsa dimisión de Anxo Lorenzo
- ↑ O videoxogo de Matalobos verá a luz no próximo mes
- ↑ Chuza! apresentará-se ás eleiçons
- ↑ Convocada assembleia extraordinária da AGAL para conversom em partido
- ↑ Presentación da PS4 na Cidade da Cultura de Compostela
- ↑ Ecclestone plantea circuito urban de F1 en As Pontes