Líquido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estado líquido")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Pinga de auga
Moeda sostida enriba da auga pola tensión superficial

O líquido é un dos catro estados da materia, un líquido é un fluído cuxo volume é constante en condicións de temperatura e presión constante e a súa forma é definida polo recipiente que o contén. É unha substancia que presenta un estado da materia intermedio entre os estados sólido e gasoso.

Un líquido exerce presión no recipiente con igual magnitude cara a tódolos lados. Se un líquido se encontra en repouso, a presión que exerce está dada por:

p=\rho gz

Onde \rho é a densidade do líquido e z é a distancia do punto debaixo da superficie.

Características dos líquidos[editar | editar a fonte]

  • Los líquidos presentan tensión superficial e capilaridade, xeralmente se expanden cando se incrementa a súa temperatura e se comprimen cando se arrefrían. Os obxectos inmersos nalgún líquido están sometidos a un fenómeno coñecido como flotabilidade.
  • As moléculas no estado líquido ocupan posicións ó azar que varían co tempo. As distancias intermoleculares son constantes dentro dunha estreita marxe.
  • Cando un líquido sobrepasa o seu punto de ebulición cambia o seu estado a gasoso, e cando acada o seu punto de conxelación cambia a sólido.
  • Por medio da destilación fraccionada, os líquidos poden separarse entre si ó evaporarse cada un ó atinxir os seus respectivos puntos de ebulición. A cohesión entre as moléculas dun líquido non é o suficientemente forte polo que as moléculas superficiais pódense evaporar.
  • As moléculas dos líquidos non están tan próximas como as dos sólidos, pero están menos separadas cás dos gases.
  • Nalgúns líquidos, as moléculas teñen unha orientación preferente, o que fai que o líquido presente propiedades anisotrópicas (propiedades, como o índice de refracción, que varían segundo a dirección dentro do material).
  • En condicións apropiadas de temperatura e presión, a maioría das substancias pode existir en estado líquido. A determinadas presións atmosféricas, así a todo, algúns sólidos se subliman ó quentarse; é dicir, pasan directamente do estado sólido ó estado gasoso (véxase Evaporación).
  • A densidade dos líquidos acostuma ser algo menor que a densidade da mesma sustancia en estado sólido. Algunhas sustancias, como a auga, son máis densas en estado líquido.
  • Os líquidos caracterízanse por unha resistencia ó fluxo chamada viscosidade. A viscosidade dun líquido diminúe ó aumentar a temperatura e aumenta ó crecer a presión. A viscosidade tamén está relacionada coa complexidade das moléculas que constitúen o líquido: é baixa nos gases inertes licuados e alta nos aceites pesados.
  • A presión dun vapor en equilibrio coa súa forma líquida, a chamada presión de vapor, só depende da temperatura; o seu valor a unha temperatura dada é unha propiedade característica de cada líquido. Tamén o son o punto de ebulición, o punto de solidificación e a calor de vaporización (esencialmente, a calor necesaria para transformar en vapor unha determinada cantidade de líquido).
  • En certas condicións, un líquido pode quentarse por enriba do seu punto de ebulición; os líquidos nese estado denomínanse superquentados. Tamén é posible arrefriar un líquido por debaixo do seu punto de conxelación.